A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.
Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.
Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.
VALORES 4º DE EP
PROPOSTA 1: CURTAMETRAXE “HAIR LOVE”
Nesta actividade deíxovos o enlace dun vídeo (no propio vídeo podedes activar os subtítulos en castelán) para que vexades esta curtametraxe, na que a nosa protagonista ten un pelo moi rebelde e que ao parecer, non é nada sinxelo de peitear. Ademais, aparece a súa nai que era unha auténtica experta en como conseguir o peiteado perfecto, algo que ao seu pai, lle dá algún que outro problemiña!jajaj Pero sobre todo, o máis importante é a mensaxe de amor e cariño e como a súa mamá enferma de cancro... o acaba vencendo e superando!! Agardo que vos guste moito o vídeo!!
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments