A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.
Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.
Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.
Moito ánimo nesta última semana de curso!
EDUCACIÓN EMOCIONAL 4º DE EP
PROPOSTA: PEDRA, PAPEL OU TESOIRA
Deíxovos un breve vídeo para reflexionar contra o acoso nas escolas, neste caso, fano a través do tradicional xogo de pedra, papel ou tesoira.
En todas as situacións que se poñen de manifesto nos vídeos hai unha vítima, un agresor/a ou agresores, e uns espectadores que neste caso, non miran para outro lado, dan un paso adiante e saen na defensa da persoa que sofre ese abuso ou acoso. NÓS DEBEMOS FACER O MESMO.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments