top of page
Buscar
Alberto

Valores 4º de EP - Proposta de actividade semana do 15 ao 18 de xuño.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.

Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.

Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.

Moito ánimo nesta última semana de curso!


VALORES 4º DE EP


PROPOSTA 1: FACEMOS O MESMO PERO OBTEMOS DIFERENTE

Nesta actividade deíxovos o enlace dun vídeo no que de xeito moi claro nos explican as diferenzas que existen en moitas ocasións e en moitos traballos entre os soldos entre mulleres e homes. Dende logo, algo que non é aceptable, pero aínda que nos pareza increíble, en moitas ocasións segue ocorrendo a día de hoxe. Tal e como se ve no vídeo, se facemos o mesmo, debemos obter o mesmo salario a cambio.


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

12 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page