top of page
Buscar
Alberto

Valores 4º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 4 ao 8 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


VALORES 4º DE EP


PROPOSTA 1

Nesta actividade propóñovos que fagades o voso superheroe/superheroína ao que lle daredes un poder moi especial. Un determinado valor, sentimento ou emoción que queredes que teña. Dende exemplos como o amor, a empatía, a solidariedade, a responsabilidade, a alegría, o perdón ... e outros moitos que coñecedes. Debedes explicar o motivo polo que elixides ese valor, sentimento ou emoción como o superpoder do voso personaxe. Aquí vos deixo o enlace dun vídeo cos distintos pasos para contruílo.


PROPOSTA 2

Esta segunda proposta está relacionada cun conto que coñecedes moi ben “El Principito”. Deíxovos o enlace co vídeo do conto para que reflexionemos sobre a importancia de darlle valor as pequenas cousas, esas que moitas veces non valoramos o suficiente


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

18 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page