A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme as actividades feitas, vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
VALORES 4º DE EP
1ª PROPOSTA
Nesta actividade propóñovos que fagades a vosa “FLOR DA AUTOESTIMA”. Deíxovos un vídeo coa explicación sobre como facela. Tede en conta que podedes facelo con outros materiais, por exemplo con folios brancos e non de cores e pintar vós eses folios se queredes, ... Non tedes que utilizar os mesmos materiais ca no vídeo, xa que ao mellor non dispoñedes de todos eles nas vosas casas. Así que podemos adaptarnos e facer a nosa propia flor. Iso si, os pétalos da flor, teñen que levar cada un unha palabra que vos defina e se relacione con vós.
2ª PROPOSTA
Esta segunda proposta está relacionada co voso día a día nas vosas casas. Tedes que colaborar nas tarefas do fogar da vosa casa (pode ser dende a elaboración dunha receita ou dunha das vosas comidas, facer as camas, axudar coa limpeza, poñer unha lavadora, ...). Por suposto, todo isto coa axuda da vosa familia.
Logo, debedes escribir nunha folla aquelo no que colaborástedes ao longo dun día e como vos sentístedes. Coma se fose unha especie de diario que recopilase todo o que fixéstedes ese día, pero nunha soa folla.
Tamén podedes sacar fotos vosas axudando nesas tarefas e envialas.
Ánimo!! E sobre todo, pese a que esta actividade é cousa dun dia, lembrade que a nosa axuda e colaboración coas nosas familias nas tarefas do fogar, ten que ser SEMPRE!!
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments