A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
VALORES 4º DE EP
PROPOSTA 1: CURTAMETRAXE “REACH”
Nesta actividade deíxovos o enlace dun vídeo para que vexades esta curtametraxe e logo contestedes as seguintes preguntas:
Cal pensas que é a mensaxe que nos quere transmitir este vídeo?
Pon o exemplo e explica unha situación similar á do vídeo (pode ser algo que ti viviras, que viras en algunha noticia, algún exemplo na escola, ...).
PROPOSTA 2: DESIREÉ VILA – Atleta paralímpica
Nesta proposta tedes que ver o vídeo da entrevista coa atleta paralímpica Desireé Vila. Espero que vos guste tanto a entrevista como a min. Un auténtico exemplo de superación.
Agora constesta as seguintes cuestións:
Que pensas que podemos aprender dunha persoa como Desireé logo de ver este vídeo?
Que valores ou calidades a caracterizan como persoa?
Que lle dirías se tiveras a oportunidade de coñecela en persoa?
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
コメント