A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s de 4º de Valores, tratando de ter en conta as especiais circunstancias para as familias durante este período no que moitas continúan traballando, non todas dispoñen de materiais informáticos e tecnolóxicos, non todas poden axudar aos seus fillos e fillas... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme as actividades, vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
VALORES 4º DE EP
PROPOSTA 1
Nesta actividade propóñovos a creación dunha “Grulla” de papel. Esta ave na cultura xaponesa está asociada á paz e á esperanza.
Unha das historias máis especiais é a de Sadako (falamos dela na aula). Esta nena tiña dous anos cando se lanzou sobre a súa cidade, Hiroshima, a bomba atómica durante o transcurso da Segunda Guerra Mundial.
Dez anos máis tarde, como consecuencia da radiación á que estivo sometida, esta nena sufriu leucemia.
Ingresada no hospital, unha das compañeiras que coñeceu, Chizuko, contoulle unha antiga lenda que dicía que aquela persoa que conseguise facer 1.000 grullas de papel de origami concederíaselle un desexo.
O de Sadako era curar desa enfermidade así como que se acabara a guerra.
Sadako faleceu antes de conseguir esas 1.000 grullas (levaba feitas 644) e os seus amig@s do hospital decidiron acabalas e facelas ata chegar a esa cifra de 1.000. Simbolizando deste xeito a paz e a esperanza.
Polo que vos animo a que fagades unha. Para iso deíxovos dous vídeos que podedes ir poñendo en pausa e facendo os pasos pouco a pouco. Sodes capaces de facela? E por certo, recordade pedir o voso desexo!
Como facer un cadrado dun folio:
Como facer a grulla de papel:
PROPOSTA 2
Durante este tempo de confinamento nas nosas casas e momentos difíciles, un aspecto que se volveu moi importante é o campo da arte, en concreto son moitos os compositores e compositoras, músicos, ... que se implicaron en facer novas cancións tratando de animarnos e darnos unha mensaxe de forza e esperanza. Estou seguro que coñecedes algunha canción creada durante este tempo (mesmo pode ser algunha canción máis antiga) que vos guste, quero que elixades unha e me digades os motivos polos que a recomendaríades, a min ou a calquera outra persoa. (Por exemplo por que vos gusta? que mensaxe vos transmite? que sentides ao escoitala?, quen vola recomendou?, a que persoa lle dedicaríades a canción?, entre outras ...).
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments