A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
VALORES 4º DE EP
PROPOSTA 1: LISTA DE PROPÓSITOS
Con esta actividade faremos un exercicio de autocoñecemento.
Temos que pensar pensar sobre todo o que fixemos antes deste período, no que non estamos indo ao cole de maneira presencial. O que máis nos gustou, o que menos, que se nos deu mellor e peor, que cambiaríamos e que non, que novos retos me propoño, ...
Logo, faremos nunha folla que dividiremos á metade, a nosa lista de propósitos. Nun lado poñeremos aqueles propósitos cos que pretendemos continuar, comezar ou conseguir mentres que na outra metade, poñeremos aquelas cousas que non queremos seguir facendo ou que queremos cambiar.
Eu que vos coñezo das clases de Educación Física, dígovos que se dedicades tan só un 5% da enerxía coa que facedes os xogos e deportes… conseguiredes todo o que vos propoñades!!
PROPOSTA 2: EFECTO DOMINÓ – A IMPORTANCIA DA VERDADE
Nesta proposta anímovos a facer o voso propio efecto dominó nas vosas casas. Aquí vos deixo varios vídeos con algúns exemplos. Desde logo, hainos espectaculares.
Para que facemos esta actividade? Para facer unha comparativa e comprobar o valor e a importancia da verdade.
Cando empregamos as mentiras sempre se cae esa primeira peza ao igual que sucede no efecto dominó. Esta, sempre se leva por diante o resto das pezas polo seu propio peso e ao final acaban todas tiradas ou “eliminadas” (Unha comparación coas mentiras. Cando as empregamos, sempre se acaban caendo polo seu propio peso e víndose abaixo. Ao final, sempre se descubre a verdade). Por iso é moi importante valorar a verdade e a sinceridade.
Animádevos e creade o voso efecto dominó!! Podedes usar diferentes materiais, sacade toda a vosa creatividade!! Como vedes, hainos de diferentes dificultades e tamén teñen problemas á hora de construílos e probalos, ... Ánimo!!
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments