top of page
Buscar
Alberto

Valores 4º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 11 ao 15 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.

VALORES 4º DE EP


PROPOSTA 1: Fotos saudables

Como sabedes, a alimentación saudable é un elemento moi importante nas nosas vidas así como o deporte. Por iso, nesta actividade propóñovos que saquedes dúas fotos, unha delas cun almorzo ou merenda saudable e outra na que fagades algunha actividade física como andar en bici, correr, pasear, ... Dende a materia de Valores tamén queremos fomentar estes dous aspectos cruciais nunha etapa como a infancia.

Aquí vos deixo un vídeo moi cortiño dos xogadores de baloncesto Pau Gasol e Marc Gasol, coa súa fundación Gasol Foundation, que precisamente se preocupan por estas situacións:



PROPOSTA 2: Cadea de favores

Esta segunda proposta consiste en que pensemos e reflexionemos un pouco. En primeiro lugar deíxovos un vídeo que se chama “Cadea de favores”.

Agora gustaríame que pensárades nunha ocasión na que ti recibiches a axuda dun compañeir@ da túa clase e en outra na que ti, deches esa axuda a outro nen@ da aula. Explícame brevemente cada unha das situacións, como te sentiches en unha ou outra ocasión, cambiarías algo na forma de actuar, diríaslle algo novo á outra persoa se fose agora, ...



Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

31 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page