Bo día!
En algúns casos, sodes varios os nen@s e familias que estades tendo algún problema á hora de enviar algún vídeo polo tamaño e peso do arquivo.
Aquí vos deixo unha proposta da profe Eva que xa coñecedes algunhas familias.
Unha forma de facelo é a través da web: www.wetransfer.com (É GRATUÍTA)
Nela, aparecerávos isto:
Só tedes que cargar o arquivo, escribir o meu correo electrónico, debaixo o voso e darlle a enviar.
Recibiredes un código no voso enderezo electrónico, que será o que vos pida para finalizar o proceso.
Agardo que esta información vos sexa de utilidade. Como sabedes tamén existen outras formas totalmente válidas para enviar arquivos pesados, como compartilos a través de Google Drive, comprimilos para posteriormente envialos, ... Esta tan só é unha forma máis.
Darlle as grazas pola súa axuda á profe Eva.
Que pasades unha boa ponte!
Un saúdo.
Alberto
Comments