top of page
Buscar
Alberto

Psicomotricidade - Proposta de actividades semana do 8 ao 12 de xuño.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.

Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.

Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.

PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)


1. Reto: Bailamos!

Os nen@s bailaran esta canción da banda sonora da película Trolls coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento. Moito ánimo e a moverse tod@s!!

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.


2. Reto: A “guerra” da auga!!

Aquí vos deixo un divertido e refrescante reto!! Coa axuda das vosas familias, debedes encher varios globos con auga e logo facer a vosa particular “guerra” de auga! Veremos quen acaba máis mollado! Animádevos, é un reto moi divertido!jajaj Traballo dos desprazamentos, dos lanzamentos, da precisión e da coordinación xeral.

3. Reto: Patíns en panos

Reto no que se precisa de dous panos/dúas toallas ou calquera outro obxexto similar que teñades nas vosas casas e poidades usar para este reto. O xogo consiste en que o nen@ ten que desprazarse deslizando os panos polo chan e sen pisar fóra deles e transportar 3 obxectos dun lugar a outro. Se queredes, como variante, tamén podedes facer unha carreira entre o nen@ e unha persoa adulta. Ánimo!! Traballo dos desprazamentos, da coordinación e dos xiros.

A continuación deíxovos un vídeo a modo de exemplo, dun compañeiro de EF:


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

9 visualizaciones0 comentarios

Commenti


Post: Blog2_Post
bottom of page