top of page
Buscar
Alberto

Psicomotricidade - Proposta de actividades semana do 4 ao 8 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)


1. Xogo "Comecocos".

Podemos facer un pequno circuito no chan usando “cinta de carrocero” (fácil de sacar posteriormente). O nen@ deberá facer o circuito pisando sempre por encima das liñas que temos marcadas no chan sen saír delas, ata chegar á meta. Variante: Unha persoa adulta trata de pillalo/a desprazándose só por encima das liñas (variando os desprazamentos: só andando, en cuadrupedia, correndo, …). Traballo dos desprazamentos, da coordinación, do autocontrol, entre outros aspectos.

2. Cruzar o río

Precisamos dous folios. O nen@ sairá dun punto de partida (por exemplo unha illa) que será o inicio e terá que chegar a outro que será a meta (outra illa). Para iso, só poderá facelo pisando sobre os papeis. Se pisa fora deles, “perdería” e tería que volver empezar. Resolución: Colocar unha folla diante de outra, ocupar a primeira e mover sempre a de atrás para avanzar. Preténdese un traballo da coordinación, dos desprazamentos, do equilibrio e da resolución de problemas.

Deíxovos un vídeo dun compañeiro de EF, Andrés, para que vexades de maneira máis rápida en que consiste o xogo.

3. Reto “Encesta o papel”

Esta proposta consiste en tombarse boca arriba, posición supino. Á altura dos pés,, teremos 3 rollos de papel hixiénico. O reto consiste en coller os rollos de un en un cos pés, transportalos e metelos dentro dun cubo ou cesta que teremos colocado por arriba de onde temos apoiada a cabeza. Podedes usar outros materiais coma peluches e collelos cos pés dende o chan sen facer a torre de papel. Ánimo!! Estou seguro que o superaredes! Traballo dos xiros, da coordinación óculo – pé e da confianza.

4. Aterriza como poidas

Nesta actividade precísase de outra persoa ademáis do nen@ que vos axude na construcción do voso avión de papel. Necesitades dous avións de papel (un para cada un). Unha vez que o teñades, será o turno dunha persoa de lanzar o avión e a outra persoa ten que intentar que non caia ao chan, é dicir, que aterrice nas súas mans. Variante: Podedes establecer puntuacións, por exemplo, se colledes o avión 1 punto e se cae ao chan 0. Traballo da coordinación, do autocontrol e da creación dos propios materiais de xogo. Proposta dun compañeiro e referente da EF como “Kisco”, agardo que vos guste o xogo.

Aquí vos deixo o enlace a un vídeo sobre como se constrúe un avión de papel:


5. Bailamos...nova coreo!

Os nenos bailaran esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.

Aquí o enlace dun vídeo con algunas ideas, vós podedes facer os vosos pasos!! Moito ánimo e a moverse!!

6.Relaxación “A nube”

Nesta proposta de relaxación, o nen@ ten que tombarse boca arriba (posición supino), cerrar os ollos, mans pegadas ao corpo e escoitar a música do vídeo. Sen dúbida é unha actividade que nos axudará a relaxarnos e a rebaixar os momentos nos que se encontren máis tensos e tensas. Traballo da relaxación, a respiración, o autocontrol e a canalización de enerxía.


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

17 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page