top of page
Buscar
Alberto

Psicomotricidade - Proposta de actividades semana do 27 ao 30 de abril

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)


1. Xogo "Baila como...".

Con música de fondo, iremos indicándolles aos nenos diferentes situacións que imitarán mentres bailan, por exemplo "bailar coma se tivesemos os pés moi grandes", "bailar coma se fósemos formigas", "bailar coma se nos pesaran moito os brazos", ... . Traballo de diferentes partes do corpo, autocoñecemento e lateralidade así como expresión corporal.


2. Bailamos...nova coreo!

Os nenos bailaran esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento. Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.

Aquí o enlace dun vídeo cos pasos! A bailar e a salta co baile da froita!! Moito ánimo!!!

3. Os birlos

Pódese facer con botellas de plástico de auga e cunha pelota. O obxectivo é tirar alguna das botellas “birlos” de cada lanzamento que se faga. Variante: agora facer os lanzamentos co pé. Preténdese un traballo da coordinación óculo - manual así coma da coordinación.


4. Carreira de sacos

Nesta proposta consiste en facer a tradicional carreira de sacos pero neste caso o nen@ empregará una bolsa da basoira. Meterase dentro dela e agarrándoa intentará chegar dende un punto de saída a unha meta. Variante: pódese variar a distancia da carreira. Oxalá vos guste!! Traballo dos desprazamentos, dos saltos e da coordinación.


5. Reto: O Triatlón da casa

Propóñovos este reto viral de internet para todos os nen@s do cole. Os nen@s poden gravarse facendo o seu propio triatón dentro da casa. As probas serán simular que están nada, andar ou simular o ir en bici e por último a carreira a pé ou a súa simulación. Agardo que saquedes toda a vosa creatividade e imaxinación!!! Traballo dos desprazamentos e da coordinación.

Aquí o enlace dun vídeo no que se simula esta especie de triatlón:


6.Sesión de Ioga

Aquí vos deixo un enlace dunha nova sesión moi breve de ioga para nen@s, na que se profundiza na “postura do gato” e a súa aprendizaxe. A través desta sesión traballamos a relaxación, a respiración, a flexibilidade e o control postural, o autocontrol ou a canalización de enerxía entre outros aspectos. Agardo que vos guste.



Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

9 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page