top of page
Buscar
Alberto

Psicomotricidade - Proposta de actividades semana do 25 ao 29 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)


1. Bailamos!

Os nen@s bailaran esta canción de Coldplay con este orixinal videoclip coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento. Moito ánimo e a moverse tod@s!!

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.

2. Reto: Equilibristas!!

Reto individual no que se necesita un rollo de papel hixiénico. Neste caso consiste en que o nen@ transporte un rollo de papel hixiénico enriba da súa cabeza sen que lle caia ao chan. Cando lle caia, volve a colocalo enriba da cabeza e reinicia o desprazamento. Traballo dos desprazamentos, da coordinación e do equilibrio.

3. Reto: Somos de goma

Reto individual no que se necesita axuda dunha persoa adulta. Neste caso consiste en que o nen@ a través do seu corpo e coa axuda de outros obxectos que teñades nos vosos fogares ou mesmo de outra persoa, faga as letras do seu nome unha por unha. O reto consiste en sacar diferentes fotos a cada “letra” e logo ver como queda o nome do nen@ feito co seu corpo e a axuda de algún obxecto ou persoa. Animádevos con este divertido reto!! Traballo da expresión corporal, da coordinación, dos xiros, entre outros.

A continuación deíxovos un vídeo a modo de exemplo:

4. Reto: Somos cerebritos/as

Neste reto, trátase dun xogo de memoria para os nen@s de Educación Infantil. Precisamos da axuda dunha persoa adulta para elaborar o material. Necesitamos 10 tapóns. Logo con pequenos papeis en forma de círculo para poñer por dentro dos tapóns, temos que facer parellas de debuxos. A continuación, colocámolos dentro dos tapóns, poñémolos boca abaixo, mesturámolos e por último, o máis importante… comezamos a xogar!! Traballo da coordinación óculo – manual, da motricidade, da memoria e da construción dos propios materiais de xogo.

Aquí vos deixo un vídeo a modo de exemplo de como levar a cabo o reto:

5. Reto: Palmas, palmas!!

Neste reto, trátase de seguir o ritmo que se propón no vídeo coas palmas das mans. Un xogo divertido e ao que vos podedes unir o resto da familia cos máis pequen@s da casa. Traballo do ritmo, da coordinación óculo – manual e da motricidade.

Aquí vos deixo o vídeo para levar a cabo o reto:

6. Reto: Actividade física ao aire libre!!

Unha nova dimensión dos retos. Neste caso, consiste en que salgades coa vosa familia dentro do horario no que está permitido e fagades calquera actividade física. Envía a túa foto ou vídeo calquera deporte ou actividade física fóra da túa casa… como por exemplo pasear, patinar, montar en bici, saltar, ou calquera deporte ou actividade que fagades.

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

14 visualizaciones0 comentarios

Commenti


Post: Blog2_Post
bottom of page