A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s de Educación Infantil, tratando de ter en conta as limitacións espaciais das vivendas, as posibles limitacións de materiais para a práctica así como de persoas á hora de facer as propostas.
Procurando tamén ter en conta as especiais circunstancias para as familias durante este período no que moitas continúan traballando, non todas dispoñen de materiais informáticos e tecnolóxicos, non todas poden axudar aos seus fillos e fillas... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)
1. Os obxectos da casa
Os nen@s desprázase libremente polo espazo e a persoa adulta di diferentes obxectos. Se por exemplo di sofá, o nen@ ten que tocar o sofá o máis rápido posible e así sucesivamente. Traballo dos desprazamentos e da organización espacial.
Podedes poner esta canción de fondo e que o nen@ baile e se mova libremente ata que se pare a canción e se diga o nome do obxecto.
2. Bailamos...nova coreo!
Os nenos bailaran esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
Aquí o enlace dun vídeo cos pasos! Sei que coñecedes esta canción así que quero vervos bailando e saltando!! Moito ánimo!!!
3. Wol -wol
Xogo de Papúa Nova Guinea. O neno ten que estar de pé e coas mans pegadas ao corpo. Ao sinal de "Xa" deben xirar e desprazarse sobre o seu eixe lonxitudinal ao mesmo tempo e na mesma dirección. Ao sinal de "Stop" teñen que deterse. Deben permanecer quietos sen caer ao chan. Traballo do xiros, do equilibrio e do autocontrol do propio corpo.
4. O penalti de fútbol
Nesta actividade podedes facer unha pelota con papel de periódico e cinta. Establecedes un punto de lanzamento e marcades unha portería por exemplo con dúas botellas ou outros dous obxectos. A continuación tirades o penalti tratando de meter gol.
Variante: Podedes facelo cunha persoa na portería. Lanzar con ambas pernas (tamén coa menos hábil motrizmente).
Estou seguro que meteredes moitos goles!!
Traballo da coordinación óculo - pe, dos lanzamentos e recepcións e da lateralidade.
5.Sesión de Ioga
Aquí vos deixo un enlace dunha nova sesión moi breve de ioga para nen@s, na que se relacionan as diferentes posturas con distintos animais do mar. A través desta sesión traballamos a relaxación, a respiración, a flexibilidade e o control postural, o autocontrol ou a canalización de enerxía entre outros aspectos. Agardo que vos guste.
6. O reto do papel hixiénico
Aquí vos deixo o enlace dun vídeo coa idea dun compañeiro de EF no que se propón un reto moi divertido. Con 6 rolos de papel hixiénico o nen@ ten que intentar colocalos formando unha torre tendo sempre apoiada unha man sobre o chan. Moi divertido! Traballo da coordinación óculo - manual, da lateralidade e do equilibrio.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments