top of page
Buscar
Alberto

Psicomotricidade - Proposta de actividades semana do 18 ao 22 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)


1. Bailamos!

Os nen@s bailaran esta canción da banda sonora da película “Gru 3 Mi Villano Favorito” coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento. Moito ánimo e a moverse tod@s!!

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.



2. Reto: Sock Challenge

Neste reto, os nen@s terán que intentar poñerse o maior número de calcetíns nun só pé nun tempo total de 2 minutos. Cantos calcetíns sodes capaces de poñer? Conseguides superar o voso propio récord? Estou seguro que si!jejej Ánimo con eses intentos!! Traballo da coordinación óculo – manual e da motricidade.

Aquí vos deixo un vídeo a modo de exemplo con este divertido reto:

3.Retos con globos

Neste reto precísase da axuda dunha persoa adulta e tamén dun globo para xogar. Neste caso a persoa adulta vai dándolle diferentes indicacións ao nen@ que este ten que ir facendo, por exemplo manter o globo no aire, darlle ao globo 2 veces coa cabeza, golpear o globo 3 veces coas mans, lanzar o globo ao aire e sentar antes de que toque o chan, lanzar o globo ao aire e facer un xiro de 360º e coller o globo sen que caia, … Estes son só algúns exemplos. Traballo de desprazamentos, lanzamentos e recepcións, xiros, coordinación, equilibrio, …


4. Reto das zapatillas

Ao longo dun corredor da casa ou de un espazo con algo de amplitude, temos que colocar unha ou dúas zapatillas con distintas disposicións (exemplo no vídeo). Logo o nen@ fará ese recorrido (non será moi longo) saltando e colocando os seus pés na mesma disposición na que están situadas as zapatillas. Traballo dos desprazamentos, saltos, xiros e coordinación óculo – pé entre outros.

A continuación deíxovos o vídeo dun compañeiro de EF, Fabián, para que vexades en que consiste:

5. Xogo Vexo vexo…

Precísase da axuda dunha persoa adulta para xogar. Neste caso xogaremos ao coñecido xogo do “Vexo vexo…”. Trátase dun xogo de adivinanzas no que o nen@ terá que intentar adivinar un obxecto no que pense a persoa adulta. Logo pódese cambiar de rol e que sexa a persoa adulta a que intente adiviñalo. Traballo da organización espacial e da observación.

A continuación deíxolles un vídeo por se queren acompañala da canción:

6. Reto: Pica Pedra

Propóñovos este reto coas palmas das nosas mans e a canción “Pica Pedra”. Nel temos que poñer toda a nosa atención para seguir os movementos das mans que nos fai o vídeo. Agardo que vos guste!! Traballo da coordinación óculo – manual, do ritmo e da relaxación.

Aquí o enlace do vídeo para que vexades en que consiste:


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

12 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page