top of page
Buscar
Alberto

Psicomotricidade - Proposta de actividades semana do 15 ao 18 de xuño.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.

Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.

Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.

Moito ánimo nesta última semana de curso!


PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)


1. Reto: A carreira da auga!!

Aquí vos deixo un divertido e refrescante reto!! Precísase dunha persoa adulta para facer unha carreira. O reto consiste en que na saída ou punto de inicio da carreira teredes un cubo con auga. Cada persoa debe ter unha esponxa. Na meta ou punto de regreso haberá dous recipientes (un enfronte de cada participante). O reto consiste en facer carreiras de ida e volta enchendo a esponxa de auga e escurríndoa no recipiente individual de cada persoa. Así durante 2 minutos aproximadamente. Gañará a persoa que ao rematar o tempo, reuna máis cantidade de auga no seu recipiente. Animádevos, é un reto moi divertido!jajaj

Pusar vasos de plástico reutilizados de iogures por exemplo, no lugar de esponxas. Traballo dos desprazamentos e da coordinación.

2. Reto: Curling Challenge

Para o seguinte reto precisades de tres rollos de papel hixiénico. Neste caso, tedes que tratar de deixalo o máis próximo posible ao outro extremo da mesa, sen que caia ao chan, lanzando os rollos de papel coma no vídeo que vos deixo de exemplo. Traballo dos lanzamentos, do autocontrol, da precisión e da coordinación óculo – manual.

Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, o profe David, para que vexades en que consiste o reto:

3. Reto: Bailamos!

Os nen@s bailaran esta canción da banda sonora da película Trolls coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento. Moito ánimo e a moverse tod@s!!

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

7 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page