A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)
1. Bailamos!
Os nen@s bailaran esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
Aquí o enlace dun vídeo con algunas ideas, vós podedes facer os vosos pasos!! Moito ánimo e a moverse!!
2. Reto: Carreira de vagalumes
Precísase da axuda dunha persoa adulta para facer os materiais de xogo. Construirémolos cunha folla (poden ser de cores ou pintalos e decoralos nós como nos gusten). Logo, o nen@ moverá o “vagalume” soprando a través dunha palliña de cartón ou plástico. Traballo da respiración e da construción dos propios materiais de xogo.
A continuación deíxolles un vídeo no que se explica como construír os materiais:
3. Reto “A serpe”
Reto individual no que precisades dunha vasoira e por exemplo de varios rollos de papel hixiénico sobre os que apoiar a vasoira, coma se formase un limbo sobre o que hai que pasar sen tiralo reptando polo chan. Cantas veces sodes capaces de pasar nun só minuto? Intentade superar o voso propio récord!jejejej Traballo dos desprazamentos, coordinación e control postural.
Aquí vos deixo o enlace cun vídeo dun compañeiro de EF, para que vexades como é o reto a modo de exemplo:
4. Reto Ritmo Choco-lala!
Esta proposta consiste en facer coas palmas das mans o ritmo do tradicional xogo “Choco-lala”. Para iso, os nen@s precisarán da axuda dunha persoa adulta, coa que poder seguir os pasos e facer o ritmo. Agardo que vos guste e superredes este divertido reto! Moito ánimo! Traballo da coordinación óculo – manual, da confianza e do ritmo.
5. Xogo “Simón di…”
Nesta actividade precísase dunha persoa adulta. Unha persoa fai de director/a. O seu obxectivo é confundir á outra persoa.
É dicir, por exemplo a persoa adulta comeza como directora e o nen@ ten que facer o que esta lle diga. A persoa dulta ten que “Simón di…” e logo a orde. Por exemplo “Simón di sentámonos”. E o nen@ ten que sentarse. A persoa adulta agora di “Simín di leantámonos” e o nen@ ten que levantarse. OLLO que se a persoa adulta NON DI “Simón di…” e tan só di CORREMOS e nen@ corre. Confundiríase. Cada vez que un se equivoque cambian de rol e agora o nen@ pasa a ser director. Gañará a persoa que menos se equivoque en 5 minutos. Traballo da coordinación, dos desprazamentos, do autocontrol e da confianza. Proposta dun compañeiro e referente da EF como “Kisco”, agardo que vos guste o xogo.
6.Respiración “A abella”
Nesta proposta de respiración, o nen@ ten que sentarse e seguir os pasos que se indican no vídeo, facendo unha respiración consciente. Unha actividade que nos axudará a controlar a respiración para eses momentos nos que se encontren máis tensos e tensas. Traballo da respiración, da relaxación, do autocontrol e a canalización de enerxía.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments