A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
PSICOMOTRICIDADE (4º/5º/6º DE INFANTIL)
1. Bailamos!
Os nen@s bailaran estas cancións de Queen coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento. Moito ánimo e a moverse tod@s!!
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
2. Reto: O “ovo” e a culler
Reto no que se precisa dunha culler e un ovo (neste caso, mellor unha pelota de ping-pong, unha mandarina,… algún obxecto que ao caer non lle rompa ao nen@). Consiste en coller a culler coa boca e desprazarse co “ovo” sen que lle caia. Logo podedes facer unha pequeña carreira entre as persoas da familias para ver que consegue chegar antes á meta. Ánimo!! Traballo dos desprazamentos, da coordinación, do autocontrol e dos xiros.
A continuación deíxovos un vídeo a modo de exemplo:
3. Reto: Sopracanastra!
Reto individual no que se necesita dun obxecto que nos faga de “canastra”, unha mesa e tres boliñas ou pelotiñas de papel (poderían ser tamén de ping pong). Neste caso, o nen@ debe introducir as boliñas dentro da “canastra” soprando. Traballo da respiración.
Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, David Vera, para que vexades un exemplo:
4. Reto: Globocamiña!
Reto individual no que se necesita un globo. Debemos inflalo e logo desprazarnos con el entre as pernas dunha lugar a outro, sen que nos caia nin nos estoupe. Sodes capaces de andar?jajaj Ánimo con este divertido reto! Traballo dos desprazamentos e do control postural.
5. Reto O puño e a palma
Propóñovos este reto individual que se chama o puño e a palma. Nel temos que colocar as mans na disposición que se fai no vídeo e ir cambiando a disposición das mans segundo dúas versión. A difícil, de forma lenta, e a moi difícil de forma rápida. Parece moito máis fácil do que é… seguro que botaredes unhas risas!! A continuación deíxovos un vídeo dunha compañeira, Laura, para que vexades como é o reto. Traballo da coordinación óculo – manual, da lateralidade, do autocontrol e a confianza.
Aquí o enlace do vídeo para que vexades en que consiste:
6. Reto: Propón o teu reto!!
Unha nova dimensión dos retos. Propón o teu reto!!! Esta actividade consiste en que propoñades un reto coma os que fixemos ao longo destas semanas, pero neste caso a proposta é vosa coa axuda da vosa familia, polo que tedes total liberdade para deseñar e enviar o voso reto. Estou seguro que sairán retos increíbles!!!
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments