top of page
Buscar
Alberto

Propostas para o alumnado de 5º de EP

Actualizado: 22 mar 2020

A continuación, deíxolles diferentes propostas para esta semana para os nen@s de 5º de Educación Primaria, tratando de ter en conta as limitacións espaciais das vivendas, as posibles limitacións de materiais para a práctica así como de persoas á hora de facer as propostas. Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica. Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.

1. Xogo "O globo no aire". Ínflase un globo e deberá mantelo no aire dándolle tan só coas mans. A continuación ir limitando diferentes partes corporais, só coa man dereita, agora só coa esquerda ou incluso só cos pés. Variante: Probar a mantelo no aire só golpeándoo coa cabeza e logo soprando. Traballo do control do propio corpo, autocoñecemento e lateralidade.

2. Os birlos

Pódese facer con botellas de plástico de auga e cunha pelota. Por exemplo 5 botellas de auga vacías ou con 1/3 de auga. Colócanse as botellas e establécese un punto de lanzamento. Por cada botella que se tire pode sumarse 1 punto e se se tiran todas 10 puntos. pódense pactar e variar as puntuacións e diminuír ou ampliar a distancia de lanzamento. Variante: agora facer os lanzamentos co pé. Podedes pintar e decorar os vosos birlos. Preténdese un traballo da coordinación óculo - manual así coma da coordinación.

3. Xogo "A petanca". Pódense elaborar as bolas con papeis de periódico e precinto. A continuación colocar un pequeno obxecto de outra cor (que fará de boliche). Establecer unha distancia de lanzamento. A continuación, cada persoa terá 3 bolas para lanzar. O obxectivo consiste en tentar aproximarse o máximo ao boliche. Variante: Lanzar arrastrando a bola polo chan. Traballo da cordinación óculo - manual, da coordinación e dos lanzamentos.

4. Xogo "A corda". Con 2 botes de iogur líquido e un anaco de corda ou lá poden construír a súa propia corda. Que formas de saltos podedes propoñer?, Sodes capaces de saltar máis dunha persoa á vez?, Cal é o número máximo de saltos que conseguístedes?, Sodes capaces de saltar dándolle á corda para atrás?. Ánimo! Traballo de saltos, cordinación así como da autoconfianza.

5.Descúbreo! Precisase de outra persoa que participe. Neste caso unha das persoas comeza imitando unha profesión e a outra ten que intentar descubrila. Logo cambiar de rol. Variantes: Facelo con animais ou con emocións e sentimentos. Traballo do autocoñecemento, emocións, desinhibición e expresión corporal.

6. Tres en raia Podedes elaborar o voso propio taboleiro cun cartón ou ben cunha folla. A continuación cada xogador deberá ter 3 obxectos iguais e da mesma cor (por exemplo tapóns contra moedas). Trátase de conseguir como indica o nome o tres en raia. Podedes xogar ao mellor de cinco partidas. Traballo da organización espazo - temporal, coordinación óculo - manual e da relaxación cun xogo de mesa.

7. Lanzamentos a canastra

Con papeis de periódico e cinta podemos elaborar a nosa propia pelota. Logo precisamos dunha papeleira ou un cubo que nos fara de canastra. Dende diferentes distancias intentamos diferentes lanzamentos. Podemos darlles diferentes puntuacións dependendo da distancia de lanzamento ou que gañe quen antes chegue a 21 puntos.

Traballo da coordinación óculo-manual, desprazamentos e confianza.


8. Combate pirata

Precisase dunha persoa adulta para formar unha parella e xogar entre dous. En cuclillas fronte a fronte, empuxándose e tratando de derribar á outra persoa, nun espazo no que non haxa obxectos nin esquinas coas que golpearse. Tan só usar as mans. Se caen as dúas persoas, non hai vencedor/a.

Traballo da forza, equilibrio e coordinación.


9.Sesión de Ioga

Aquí vos deixo un enlace dunha sesión de ioga para nenos, na que se traballa a relaxación, a respiración, a flexibilidade e o control postural, o autocontrol ou a canalización de enerxía entre outros aspectos. Agardo que sexa do voso gusto.


10. Coreografía de Bruno Mars

Aquí vos deixo aos nenos e nenas de 5º un vídeo para que fagades a vosa propia coreografía desta canción de Bruno Mars. O vídeo é tan só para que vexades ideas que podedes incorporar á vosa coreografía, non tedes que facelo igual. A canción chámase "24K Magic". Agardo que vos guste.

Aquí engado o enlace:

Traballo da expresión corporal, da cordinación, da autoconfianza e da desinhibición.



11.Visionado do vídeo Informe Robinson Partizán de Belgrado.

A continuación deíxovos o enlace dun vídeo que xa vimos en outra ocasión pero que me gustaría que vexades de novo contestando a posterior ás seguintes cuestións:

  • Que pensas que pretende transmitirnos o vídeo con esta experiencia?.

  • Cal pensas que foi o motivo polo que a xente de Fuenlabrada se volcou con este equipo?

  • Nomea 3 valores que precisou este equipo para seguir xogando ao baloncesto e acabar gañando a Copa de Europa.

  • Busca na rede outro exemplo onde o deporte servira como fonde de superación de adversidades.

  • Por último, reflexiona brevemente sobre a inutilidade das guerras e como lle afectan a millóns de persoas inocentes. Moitas veces as fronteiras entre países son a causa delas, outras intereses económicos, en outras ocasións as relixións, ... Como pensas que pode cambiar o deporte estas situacións? Cal é a túa opinión sobre o tema?


12. Xogo interactivo de xadrez

Aquí vos deixo o link dunha páxina web de xogo interactivo contra o ordenador de xadrez. Tan só hai que rexistrarse cunha conta de correo electrónico para o que precisades das vosas familias.

Ademais tamén vos deixo o enlace dun manual coas regras básicas do xogo.

Animádevos a probar sorte, non é fácil gañarlle ao ordenador!!


Enlace coas normas:


Agardo que lles sexan de utilidade as propostas.

Un saúdo.

Alberto

57 visualizaciones0 comentarios

Комментарии


Post: Blog2_Post
bottom of page