Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica. Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.
O CIRCO DAS BOLBORETAS
A través do seguinte vídeo, pretendemos traballar a igualdade entre as persoas e a importancia da inclusión e o respecto pola diferenza. Así mesmo, tamén é importante destacar a necesidade da autonomía por parte das persoas con algún tipo de diversidade. Pese a que a curta xa a vimos nunha ocasión, gustaríame que a visualizarades de novo cunha nova mirada.
CAMBIARÍAMOS ALGO DOS NOSOS CORPOS?
NON. Esa debe ser a resposta. Con esta curta, queremos reflexionar sobre o valor das diferenzas e a importancia de que continuedes ao longo das vosas vidas coa mirada que tedes agora na infancia, estar sempre orgullosos e orgullosas dos vosos corpos e das vosas características individuais. Toda unha lección que nos dades os máis pequenos aos adultos.
CONTRA O RACISMO
Vídeo que se grabou en Lituania pero que podería rodarse en moitos lugares do planeta. Neste caso trátase dun experimento social, no que unha persoa coa pel de cor negra pregúntalle ás persoas que saen no vídeo (todas coa pel de cor branca) se lle poden traducir unha mensaxe colgada nunha das súas redes sociais por unha persoa que non coñece. A reacción destas persoas é exemplar e amósanos que estas actitudes son intolerables e que xunt@s podemos acabar con elas.
Agardo que os materiais vos sexan de utilidade.
Un saúdo.
Alberto
留言