top of page
Buscar
Alberto

Propostas para o alumnado de 4º de EP de EDUCACIÓN EMOCIONAL

Actualizado: 22 mar 2020

Aquí vos deixo unha proposta dunha sesión de IOGA para o alumnado de 4º de Educación Primaria da área de Educación Emocional.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica. Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.

En primeiro lugar gustaríame salientar os beneficios que nos aporta a práctica do ioga na infancia:

1. Aumenta a flexibilidade, o equilibrio e a coordinación.


2. Promove a armonía.

Axuda a relacionarse cos compañeir@s e a traballar en equipo, xa que non se traballa de forma competitiva.


3. Crea hábitos de vida saudables.

Axuda a adquirir un hábito de vida activo que combata contra o sobrepeso e a obesidade así como a calmar a mente e a controlar mellor as emocións.


4. Axúdanos a canalizar a enerxía.

A práctica desta actividade axuda a relaxarse e a concentrarse.


5. Estimula o autocontrol.

Esta práctica fomenta a confianza nas súas capacidades e eleva a súa autoestima.


6. Mellora a autoestima.

Axudaralles coa frustración e a ira, resaltando a importancia da paciencia e a canalizar mellor as emocións negativas.


7. Fomenta o autocoñecemento.

Estos exercicios permítenlles aos nin@s aprender máis sobre as súas emocións e pensamentos, á vez que lles ensina que os límites físicos poden superarse.


8. Ademais, é unha práctica que podemos realizar en familia.


Aquí vos deixo o enlace da sesión que vos propoño de ioga:

Ademais déixovos un interesante vídeo no que diferentes nenos e nenas nos falan sobre o manexo das emocións, trátase dunha curta que se titula "Solo respira".


Agardo que vos sexa de utilidade este material.

Un saúdo.

Alberto


44 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page