top of page
Buscar

Propostas para o alumnado de 4º de EP

  • Alberto
  • 15 mar 2020
  • 4 Min. de lectura

Actualizado: 22 mar 2020

A continuación, deíxolles diferentes propostas para esta semana para os nen@s de 4º de Educación Primaria, tratando de ter en conta as limitacións espaciais das vivendas, as posibles limitacións de materiais para a práctica así como de persoas á hora de facer as propostas.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica. Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.

1. Xogo "O globo no aire". Ínflase un globo e deberá mantelo no aire dándolle tan só coas mans. A continuación ir limitando diferentes partes corporais, só coa man dereita, agora só coa esquerda ou incluso só cos pés. Variante: Probar a mantelo no aire só golpeándoo coa cabeza e logo soprando. Traballo do control do propio corpo, autocoñecemento e lateralidade.

2. Xogo "Estatuas musicais". Ponse de fondo unha canción e o neno móvese libremente polo espazo. Cando se para a música, este ten que deterse sen moverse ata que se reanude a canción. Probar con cancións con diferentes ritmos. Búscase un traballo do autocontrol, do desprazamento e a coordinación así como do equilibrio estático.

3. Os birlos Pódese facer con botellas de plástico de auga e cunha pelota. Por exemplo 5 botellas de auga vacías ou con 1/3 de auga. Colócanse as botellas e establécese un punto de lanzamento. Por cada botella que se tire pode sumarse 1 punto e se se tiran todas 10 puntos. pódense pactar e variar as puntuacións e diminuír ou ampliar a distancia de lanzamento. Variante: agora facer os lanzamentos co pé. Podedes pintar e decorar os vosos birlos. Preténdese un traballo da coordinación óculo - manual así coma da coordinación.

4. Xogo "A petanca".

Pódense elaborar as bolas con papeis de periódico e precinto. A continuación colocar un pequeno obxecto de outra cor (que fará de boliche). Establecer unha distancia de lanzamento. A continuación, cada persoa terá 3 bolas para lanzar. O obxectivo consiste en tentar aproximarse o máximo ao boliche. Variante: Lanzar arrastrando a bola polo chan. Traballo da cordinación óculo - manual, da coordinación e dos lanzamentos.


5. Xogo "Muk". Un xogo canadiense no que se precisa que a persoa adulta xogue co neno. A persoa adulta que asume rol di "muk!" mentres que o neno debe permanecer en silencio. A persoa adulta fai todo tipo de xestos (sen falar) tratando de que o neno ría. Logo cambiar de rol e que o faga o neno. Preténdese un traballo do autocrontrol, autocoñecemento e expresión de emocións.

6. Xogo "A corda".

Con 2 botes de iogur líquido e un anaco de corda ou lá poden construír a súa propia corda. Que formas de saltos podedes propoñer?, Sodes capaces de saltar máis dunha persoa á vez?, Cal é o número máximo de saltos que conseguístedes?, Sodes capaces de saltar dándolle á corda para atrás?. Ánimo!

Traballo de saltos, cordinación así como da autoconfianza.

7.Descúbreo! Precisase de outra persoa que participe. Neste caso unha das persoas comeza imitando unha profesión e a outra ten que intentar descubrila. Logo cambiar de rol. Variantes: Facelo con animais ou con emocións e sentimentos. Traballo do autocoñecemento, emocións, desinhibición e expresión corporal.


8. Tres en raia

Podedes elaborar o voso propio taboleiro cun cartón ou ben cunha folla. A continuación cada xogador deberá ter 3 obxectos iguais e da mesma cor (por exemplo tapóns contra moedas). Trátase de conseguir como indica o nome o tres en raia. Podedes xogar ao mellor de cinco partidas. Traballo da organización espazo - temporal, coordinación óculo - manual e da relaxación cun xogo de mesa.


9. Memory

Nesta actividade precisades de 20 tarxetiñas ou papeis dun tamaño igual. Tedes que debuxar en cada unha delas (facer en cada dúas o mesmo debuxo, é dicir, facendo parellas). A continuación, poñerédelas boca abaixo na mesa, mezclarédelas e tedes que tratar de ir descubrindo as que son parellas. Variante: facelo con máis tarxetas, ou con números no lugar de debuxos. Traballo da memoria e da confianza.

10. Baile coreografía de Bruno Mars Aquí vos deixo aos nenos e nenas de 4º un vídeo para que fagades a vosa propia coreografía desta canción de Bruno Mars. O vídeo é tan só para que vexades ideas que podedes incorporar á vosa coreografía, non tedes que facelo igual. Agardo que vos guste. Aquí engado o enlace:


Traballo da expresión corporal, da cordinación, da autoconfianza e da desinhibición.

11. Xogo "A formiga e o león". Amosaríamos como respira cada un. A formiga é pequena e respira amodo e lento, mentres que o león é forte e grande e necesita respirar máis forte e rápido. Aprender que a respiración adecuada é a da formiga. Traballo de respiración e relaxación xunto co autocoñecemento e autocontrol.

12. A roda da masaxe

Nesta proposta precisan dunha persoa adulta da casa. Trátase de facer unha masaxe nas costas da outra persoa. Pode comezar o nen@ e logo cambiar de rol. Pode unirse toda á familia á roda da masaxe. Animádevos! Traballo do autocontrol, do coñecemento do noso corpo así como da relaxación.


Agardo que lles sexan de utilidade as propostas.


Un saúdo.


Alberto

 
 
 

Comments


Post: Blog2_Post

Follow

  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por CONMENIÑO EF. Creada con Wix.com

bottom of page