A continuación, deíxolles diferentes propostas para esta semana para os nen@s de 2º de Educación Primaria, tratando de ter en conta as limitacións espaciais das vivendas, as posibles limitacións de materiais para a práctica así como de persoas á hora de facer as propostas.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica. Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.
1. Xogo "Estatuas musicais".
Ponse de fondo unha canción e o nen@ móvese libremente polo espazo. Cando se para a música, este ten que deterse sen moverse ata que se reanude a canción. Probar con cancións con diferentes ritmos. Búscase un traballo do autocontrol, do desprazamento e a coordinación así como do equilibrio estático.
2. Xogo "O globo no aire".
Ínflase un globo e deberá mantelo no aire dándolle tan só coas mans. A continuación ir limitando diferentes partes corporais, só coa man dereita, agora só coa esquerda ou incluso só cos pés. Variante: Probar a mantelo no aire só golpeándoo coa cabeza e logo soprando. Traballo do control do propio corpo, autocoñecemento e lateralidade.
3. Xogo "Baila como...".
Con música de fondo, iremos indicándolles aos nenos diferentes situacións que imitarán mentres bailan, por exemplo "bailar coma se tivesemos os pés moi grandes", "bailar coma se fósemos formigas", "bailar coma se nos pesaran moito os brazos", ... . Traballo de diferentes partes do corpo, autocoñecemento e lateralidade así como expresión corporal.
4. Os birlos
Pódese facer con botellas de plástico de auga e cunha pelota. Por exemplo 5 botellas de auga vacías ou con 1/3 de auga. Colócanse as botellas e establécese un punto de lanzamento. Por cada botella que se tire pode sumarse 1 punto e se se tiran todas 10 puntos. pódense pactar e variar as puntuacións e diminuír ou ampliar a distancia de lanzamento. Variante: agora facer os lanzamentos co pé. Preténdese un traballo da coordinación óculo - manual así coma da coordinación.
5. Xogo " En só nunha folla"
Xógase cunha folla de periódico. Pode unirse a persoa adulta ou non. Poñen a folla no chan e debe coller nela sen pisar fóra. Cada vez que se indique, saír do papel e dobralo á metade, reducindo así o espazo sobre o que estar. Intentar aguantar o maior tempo posible sen saírse. Búscase un traballo do equilibrio estático e de cooperación (se se fai cunha parella).
6. Xogo "A petanca".
Pódense elaborar as bolas con papeis de periódico e precinto. A continuación colocar un pequeno obxecto de outra cor (que fará de boliche). Establecer unha distancia de lanzamento. A continuación, cada persoa terá 3 bolas para lanzar. O obxectivo consiste en tentar aproximarse o máximo ao boliche. Variante: Lanzar arrastrando a bola polo chan. Traballo da cordinación óculo - manual, da coordinación e dos lanzamentos.
7. Xogo "Muk".
Un xogo canadiense no que se precisa que a persoa adulta xogue co neno. A persoa adulta que asume rol di "muk!" mentres que o neno debe permanecer en silencio. A persoa adulta fai todo tipo de xestos (sen falar) tratando de que o neno ría. Logo cambiar de rol e que o faga o neno. Preténdese un traballo do autocrontrol, autocoñecemento e expresión de emocións.
8. Xogo "Wol - wol".
Trátase dun xogo de Papúa Nova Guinea. De pé, coas mans pegadas ao corpo. Ao sinal deben xirar e desprazarse sobre o seu eixe lonxitudinal ao mesmo tempo e na mesma dirección. Outra sinal e detéñense. Deben permanecer quiet@s sen caer ao chan. Traballo do equilibrio así como da coordinación.
9. Xogo "O tres en raia".
Pódese elaborar un cartón ou sobre unha folla de papel na que se faga a disposición do tres en raia. A continuación, con 6 tapóns ou moedas (3 da mesma cor cada persoa) tratar de conseguir o tres en raia. Traballo de coordinación óculo-manual, organización espacial e de volta á calma coa relaxación.
10. Xogo "Con mil caras".
Poñer diferentes emocións ou sentimentos en folliñas de papel que logo meteremos nunha bolsiña ou caixa. Coller un papel no que aparecerá un sentimento ou emoción e representalo. A persoa adulta intentará adiviñalo. Logo cambiar o rol. Variante: facer o mesmo xogo con animais. Traballo da expresión corporal e autocoñemento.
11.Xogo "A formiga e o león".
Amosaríamos como respira cada un. A formiga é pequena e respira amodo e lento, mentres
que o león é forte e grande e necesita respirar máis forte e rápido. Aprender que a respiración adecuada é a da formiga. Traballo de respiración e relaxación xunto co autocoñecemento e autocontrol.
12. Canción "Bailando"
- Nome dos principais ósos do corpo -.
Agardo que os recursos lles sexan de utilidade.
Un saúdo.
Alberto
Comments