top of page
Buscar
Alberto

Propostas para o alumnado de 1º de EP

Actualizado: 22 mar 2020

A continuación, deíxolles diferentes propostas para esta semana para os nenos de 1º de Educación Primaria, tratando de ter en conta as limitacións espaciais das vivendas así, as posibles limitacións de materiais para a práctica así como de persoas á hora de facer as propostas.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica. Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.


1. Xogo "Estatuas musicais".

Ponse de fondo unha canción e o neno móvese libremente polo espazo. Cando se para a música, este ten que deterse sen moverse ata que se reanude a canción. Probar con cancións con diferentes ritmos. Búscase un traballo do autocontrol, do desprazamento e a coordinación así como do equilibrio estático.



2. Xogo "O globo no aire".

Ínflase un globo e deberá mantelo no aire dándolle tan só coas mans. A continuación ir limitando diferentes partes corporais, só coa man dereita, agora só coa esquerda ou incluso só cos pés. Variante: Probar a mantelo no aire só golpeándoo coa cabeza e logo soprando. Traballo do control do propio corpo, autocoñecemento e lateralidade.



3. Xogo "Baila como...".

Con música de fondo, iremos indicándolles aos nenos diferentes situacións que imitarán mentres bailan, por exemplo "bailar coma se tivesemos os pés moi grandes", "bailar coma se fósemos formigas", "bailar coma se nos pesaran moito os brazos", ... . Traballo de diferentes partes do corpo, autocoñecemento e lateralidade así como expresión corporal.



4. Os birlos

Pódese facer con botellas de plástico de auga e cunha pelota. Por exemplo 5 botellas de auga vacías ou con 1/3 de auga. Colócanse as botellas e establécese un punto de lanzamento. Por cada botella que se tire pode sumarse 1 punto e se se tiran todas 10 puntos. pódense pactar e variar as puntuacións e diminuír ou ampliar a distancia de lanzamento. Variante: agora facer os lanzamentos co pé. Preténdese un traballo da coordinación óculo - manual así coma da coordinación.



5. Xogo " En só nunha folla"

Xógase cunha folla de periódico. Pode unirse a persoa adulta ou non. Poñen a folla no chan e debe coller nela sen pisar fóra. Cada vez que se indique, saír do papel e dobralo á metade, reducindo así o espazo sobre o que estar. Intentar aguantar o maior tempo posible sen saírse. Búscase un traballo do equilibrio estático e de cooperación (se se fai cunha parella).



6. Xogo "A petanca".

Pódense elaborar as bolas con papeis de periódico e precinto. A continuación colocar un pequeno obxecto de outra cor (que fará de boliche). Establecer unha distancia de lanzamento. A continuación, cada persoa terá 3 bolas para lanzar. O obxectivo consiste en tentar aproximarse o máximo ao boliche. Variante: Lanzar arrastrando a bola polo chan. Traballo da cordinación óculo - manual, da coordinación e dos lanzamentos.



7. Xogo "Muk".

Un xogo canadiense no que se precisa que a persoa adulta xogue co neno. A persoa adulta que asume rol di "muk!" mentres que o neno debe permanecer en silencio. A persoa adulta fai todo tipo de xestos (sen falar) tratando de que o neno ría. Logo cambiar de rol e que o faga o neno. Preténdese un traballo do autocrontrol, autocoñecemento e expresión de emocións.



8. Xogo "A formiga e o león".

Amosaríamos como respira cada un. A formiga é pequena e respira amodo e lento, mentres

que o león é forte e grande e necesita respirar máis forte e rápido. Aprender que a respiración adecuada é a da formiga. Traballo de respiración e relaxación xunto co autocoñecemento e autocontrol.



9. Canción "Bailando"

Bailar esta canción na que faremos un repaso sobre os principais ósos dos noso corpo. Traballo de coñecemento do propio corpo a través dos principais ósos e expresión corporal.


- Nome dos principais ósos -


10. Conto "A lenda do arco da vella"

Ver e escoitar este conto sobre a multiculturalidade, que nos transmite a mensaxe de que ninguén é superior a ninguén. Traballo da igualdade entre as persoas e da non violencia.


Agardo que os recursos lles sexan de utilidade.


Un saúdo.

Alberto

21 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page