top of page
Buscar
Alberto

Proposta semanal 3 para o alumnado de Psicomotricidade

Neste apartado deíxovos novas propostas para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL. Son unha selección de propostas que quizais poidades realizar cos vosos fillos e fillas tendo en conta as posibles limitacións de espazo nas vivendas, dos materiais ou mesmo do nº de persoas.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica, tendo en conta os aspectos individuais de cada caso que comentaba anteriormente.

Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.


1. As cores

O nen@ desprázase libremente polo espazo e a persoa adulta di diferentes cores. Se por exemplo di amarelo, o nen@ ten que tocar algo de cor amarelo o máis rápido posible e así sucesivamente. Traballo dos desprazamentos e da organización espacial.


2.Sesión de Ioga

Aquí vos deixo un enlace dunha sesión moi breve de ioga para nen@s, na que se relacionan as diferentes posturas con distintos animais. A través desta sesión traballamos a relaxación, a respiración, a flexibilidade e o control postural, o autocontrol ou a canalización de enerxía entre outros aspectos. Agardo que vos guste.

3. Misión imposible

Nun corredor da casa podemos facer a seguinte proposta. Precisamos de cinta para colocala en ambos lados da parede, coma se fose unha especie de alarma que o nen@ ten que sortear ata chegar ao final do recorrido. Deíxovos un enlace no que vedes o exemplo de xeito máis claro. Traballo dos desprazamentos, a motricidade, a flexibilidade e o control postural entre outros.

4. Equilibristas

Cun pequeno saquiño, ou algún obxecto pequeno que poida transportar, o nen@ ten que levalo en diferentes partes do seu corpo e desprazarse sen que lle caia ao chan. Se lle cae ao chan volve colocalo e continúa cos desprazamentos. Empezaremos desprazándonos co "saquiño" na cabeza e logo ir cambiando as partes do corpo (cóbado dereito, man esquerda, ...). Traballo dos desprazamentos, a motricidade, o control postural.


5. Salta!

Os nen@s bailaran libremente esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.

6. As pegadas

Podemos crear este xogo cos nen@s. Podemos usar uns 12 folios e sobre eles debuxamos o trazo das nosas mans e pés. Unha pegada en cagada folla.

Logo disttibuímolas polo chan e a continuación, debemos colocar correctamente sobre cada unha das follas, a parte do corpo que corresponda en cada caso. Por exemplo o pé esquerdo sobre a pegada do pé esquerdo. A man dereita sobre a pegada da man dereita e así sucesivamente.

Ao inicio, podemos colocar as follas unha diante de outra para facilitar as cousas.

Logo, podemos incrementar a dificultade facendo unha disposición de 2 en 2 ou de 3 en 3. Sería algo similar ao vídeo que vos deixo.

Traballo de desprazamentos, lateralidade e conciencia do propio corpo.

7. Muk!.

Un xogo canadiense no que se precisa que a persoa adulta xogue co nen@. A persoa adulta que asume rol di "muk!" mentres que o nen@ debe permanecer en silencio. A persoa adulta fai todo tipo de xestos (sen falar) tratando de que o neno ría. Logo cambiar de rol e que o faga o neno. Preténdese un traballo do autocrontrol, autocoñecemento e expresión de emocións.


8. Debuxo musical.

Nesta última proposta o nen@ pode facer un debuxo con esta música de fondo relacionado con algún xogo que lle guste. Posteriormente, pedirémoslle que nos explique o que debuxou. Preténdese un traballo do autocrontrol, da relaxación e expresión a través da pintura.


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

24 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page