top of page
Buscar
Alberto

Proposta semanal 3 para o alumnado de 4º de EP de VALORES

Neste apartado deixo diferentes propostas para o alumnado de 4º de EP de VALORES SOCIAIS E CÍVICOS.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica.

Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.


O VALOR DAS DIFERENZAS

En primeiro lugar deíxovos o enlace dun vídeo que vimos nunha sesión do colexio:


Agora responde as seguintes cuestións:

1. Coñeces algunha persoa que teña algún tipo de discapacidade? (Dende persoas en cadeira de rodas, persoas con discapacidade visual ou auditiva, persoas con Síndrome de Down, ...). De ser así, explica brevemente algunha cousa que che chame a atención da súa vida.

2. Que mensaxe pensas que pretende transmitirnos o vídeo?

3. Nas sesións de valores tamén traballamos coa película Campeones. Que está moi relacionada con este vídeo. Reflexiona sobre que aprendiches das persoas con discapacidade logo de ver esta película.


A IMPORTANCIA DO TRABALLO E O ESFORZO

A continuación deíxovos un vídeo do xogadore de baloncesto Ricky Rubio no que nos fala da importancia do traballo e do esforzo para conseguir todo o que vos propoñades.

A continuación responde ás seguintes preguntas:

1. Pon un exemplo da túa vida cotiá relacionado co colexio no que o traballo sexa importante para conseguir algo ou superar un reto.

2. Como aprendeu o protagonista do vídeo a perder no deporte?

3. En que situación da clase te sentiches algunha vez moi presionad@? Que solución nos dá Ricky Rubio para superar estas situacións?


A IMPORTANCIA DE APRENDER A ESCOITAR

A continuación deíxovos un segundo vídeo do profesor de Universidade e escritor Victor Küppers. Sen dúbida este aspecto é algo que tod@s temos que mellorar, unha cousa que nos custa moito... aprender a escoitar.

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden sacar fotos das actividades ou mesmo gravarvos explicando as vosas reflexións.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto


28 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page