Aquí vos deixo unha proposta dunha nova sesión de IOGA para o alumnado de 4º de Educación Primaria da área de Educación Emocional.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica. Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.
VÍDEO AUTISMO
A continuación deíxovos un vídeo que nos fala sobre o autismo e o deporte.
Agora responde ás seguintes cuestións:
1. Logo de ver o vídeo, como definirías ti a unha persoa con autismo? Esquécete de buscar calquera defición dun diccionario, gustaríame que ti fagas unha.
2. Que pensas que lle aporta o deporte a todos estes nenos?
Ademias, deíxovos o seguinte vídeo que nos fala sobre María, unha nena con autismo e na que o seu pai Miguel (un debuxante) decidiu contarnos a súa historia a través de ilustracións. Este libro tédelo na biblioteca do cole por se lle interesa a alguén para collelo cando regresemos.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden sacar fotos das actividades ou gravarvos facendo as vosas reflexións.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Комментарии