Neste apartado deíxovos novas propostas para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL. Son unha selección de propostas que quizais poidades realizar cos vosos fillos e fillas tendo en conta as posibles limitacións de espazo nas vivendas, dos materiais ou mesmo do nº de persoas.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica, tendo en conta os aspectos individuais de cada caso que comentaba anteriormente.
Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.
1. Ruta con obstáculos
Nesta actividade podemos crear un percorrido con diferentes obstáculos pola nosa casa como poden ser coxíns, botellas, caixas, ... calquera material do que dispoñamos nas nosas casas. A continuación, o nen@ debe realizalo e posteriormente podemos ir facendo modificacións sobre a ruta que aumenten a complexidade. Preténdese un traballo da motricidade, da coordinación e da organización espacial.
2. O gran verme
Xogo no que o nen@ debe desprazarse polo espazo reptando polo chan sen chocar contra ningún obxecto ata que a persoa adulta grite "Stop" nese intre o nen@ debe quedarse "conxelado". Cando a persoa adulta dea unha palmada, o nen@ volve a desprazarse. Traballo dos desprazamentos, motricidade e organización espacial.
3. Fotocopias!
Neste xogo precísase dunha persoa adulta ademais do nen@. Agora o nen@ asumirá o rol de imitador/a. Desprazarémonos pola casa camiñando de diferentes formas (do xeito habitual, sobre as dos pés, poñendo un pé diante do outro coma se mediramos pasos, camiñando de costas, saltando, gateando, ...) e o nen@ debe imitarnos. A continuación cambiar os roles.
Traballo dos desprazamentos, coordinación, organización espacial, coñecemento do propio corpo e creatividade.
4. Troncos rodantes
Nesta proposta os nen@s teñen que desprazarse rodando polo chan dun lado para o outro sen chocar contra ningún obxecto. Variante: A persoa adulta trata de escaparlle ao nen@ mentres este/a tratar de "pillarnos". Traballo de diferentes formas de desprazamento e da organización espacial.
5. O globo no aire
Ínflase un globo e deberá mantelo no aire dándolle tan só coas mans. A continuación ir limitando diferentes partes corporais, só cos pés, agora só coa cabeza. Traballo do control do propio corpo e autocoñecemento.
6. Bailamos libremente
Poñer diferentes tipos de música e que o nen@ baile libremente co fin de expresarse.
Traballo da expresión corporal, toma de conciencia do propio corpo, desinhibición e autocoñecento.
Poden poñer diferentes estilos coma por exemplo rock, pop, clásica, indie, hip-hop, jazz, ... o que desexen.
7. A roda da masaxe
Nesta proposta precisase dunha persoa adulta da casa. Trátase de facer unha masaxe nas costas da outra persoa. Pode comezar o nen@ e logo cambiar de rol. Pode unirse toda á familia á roda da masaxe. Animádevos! Traballo do autocontrol, do coñecemento do noso corpo así como da relaxación.
8. Conto de volta á calma
Como última actividade de volta á calma deíxolles un enlace dun conto que poden ver os nen@s, outra forma de achegarnos os contos e os libros e pouco a pouco concienciarnos da súa importancia.
Conto Corre corre, cabaciña:
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou do enderezo electrónico albertovf@edu.xunta.gal. Podedes sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comentarios