top of page
Buscar
Alberto

Proposta semanal 2 para o alumnado de 4º de EP de VALORES

Neste apartado deixo diferentes propostas para o alumnado de 4º de EP de VALORES SOCIAIS E CÍVICOS.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica.

Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.


ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Deíxovos o enlace dun vídeo para que pensemos e reflexionemos sobre os estereotipos de xénero relacionados coas profesións.

A continuación contestade as seguintes preguntas:

1. Con que xénero asocian os nen@s do vídeo os materiales das profesións que lles ensinan?

2. Pensa ti en dous exemplos de profesións que se asocien polos estereotipos que temos asumidos ás mulleres.

3. Coñeces algunha muller que traballe en algunha das profesións que nos presenta o vídeo.

4. Que che gustaría ser a ti cando sexa unha persoa maior? Explica brevemente os motivos.


ESTEREOTIPOS SEN COÑECERNOS

Agora, deíxovos un vídeo que trata sobre a facilidade coa que encasillamos ás persoas sen coñecer como son realmente, moitas veces, tan só pola apariencia física.


Agora contesta estas preguntas:

1. Algunha vez sentiches que alguén te xulgou sen coñecerte de nada? Como te sentiches?

2. Como pensas que se pode sentir unha persoa cando pensamos dela algo que non é?

3. Escribe un slogan no que poñas en valor a importancia de coñecer a unha persoa antes de xulgala polo seu aspecto.



CORES DE PEL

Por último, deíxovos un interesante vídeo Angelica Dass, na que nos fala do enorme montón de cores que nos conforman. Baixo unha pregunta, De que cor é un lapis de color carne?. Seguro que logo deste vídeo, vos preguntades o mesmo que a protagonista.

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou do enderezo electrónico albertovf@edu.xunta.gal.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto




25 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page