Aquí vos deixo unha proposta de MINDFULNESS para o alumnado de 4º de Educación Primaria da área de Educación Emocional.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller, non tedes que levalas todas á práctica. Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.
En primeiro lugar gustaríame salientar os beneficios que nos aporta o mindfulness nos nen@s:
1. Premítelles adestrar a habilidade de atender ao presente, cunha actitude amable e sen prexuízos.
2. Mediante a súa práctica diaria, desenvolven e adestran a capacidade para centrarse e concentrarse.
3. Desenvolven a habilidade para regular as súas emocións, fomentando estados de calma.
4.Experimentan unha redución do estrés e da ansiedade.
5. Melloran no seu autocontrol, regulación e capacidade para reflexionar, diminuíndo os seus impulsos.
6. Son máis conscientes deles mesmos e mesmas: do seu corpo, das súas emocións, pensamentos e da súa conduta.
7. Aumentan a escoita activa entre eles/elas. Aumenta a empatía e mellora as súas relacións tanto consigo mesmos como co seu contorno.
8. Aumenta a súa consciencia do corpo, polo que permite desenvolver habilidades de coidado para a saúde.
9. Diminúe a identificación cos seus pensamentos ou circunstancias, polo que diminúe o xuízo e as críticas cara eles mesmos/mesmas ou cara as demais persoas.
10. Axuda nun maior equilibrio emocional e psicolóxico.
PROPOSTA MINDFULNESS PARA NEN@S - XOGO DAS ESPONXAS
PROPOSTA DE MEDITACIÓN GUIADA - XOGO DATE UN BAÑO DE CORES
A continuación destas dúas propostas contesta ás seguintes preguntas:
1. Como te sentiches ao longo das actividades?
2. Unha vez finalidades como te sentis? Que sensacións tes?
3. En que situación do colexio pensas que che pode ser de axuda algunha destas técnicas?
4. Que foi o que máis che custou durante os dous exercicios?
VÍDEO
A continuación deíxovos un enlace cun extracto da charla de Enhamed Enhamed, un atleta cunha discapacidade visual e que nos fala acerca da súa experiencia así como das súas emocións e reflexións.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou do enderezo electrónico albertovf@edu.xunta.gal.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments