top of page
Buscar
Alberto

Proposta semanal para o alumnado de Psicomotricidade

Actualizado: 22 mar 2020

Neste apartado deíxovos algunhas propostas para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL. Son unha selección de propostas que quizais poidades realizar cos vosos fillos e fillas tendo en conta as posibles limitacións de espazo nas vivendas ou dos materiais necesarios para facelas.

Adxúntovos diferentes enlaces de Youtube con distintos xogos para os máis pequen@s da casa.


1. Xogo de saltos con papeis de cores.

Actividade na que podedes elaborar os materiais cos propios nen@s e posteriormente xogar. Non precisa de grandes espazos, polo que é viable realizala dentro da casa. Con esta actividade preténdese traballar a motricidade.



2. O baile do movemento.

Con esta actividade proponse un baile no que se pretende tomar conciencia de diferentes partes corporais e o autocontrol. Incluso vos podedes unir o resto da familia.



3. Xogo "Estatuas musicais".


Cunha canción de fondo, o nen@ pode moverse libremente polo espazo, ao parar a música, deberá quedarse "conxelad@", é dicir, sen moverse ata que se reanude a música. Pode facerse con cancións con diferentes ritmos. Traballo do autocontrol, organización espacial, desprazamentos ou a coordinación.



4. Xogo " O imitador/ A imitadora".


Deberán facelo co seu fillo/a. Neste caso o neno desprázase e a persoa adulta debe imitar os seus movementos e todo o que faga. A continuación cambio de rol, e o nen@ debe imitar todos os movementos da persoa adulta. Traballo de coñecemento do propio corpo, desprazamentos ou coordinación.



5. Canción "Lávate las manos".

Canción de "Los Lunnis" na que se fai fincapé na importancia do lavado das mans, traballando aspectos da hixiene corporal.



6. Xogo "A formiga e o león".


Amosaríamos como respira cada un. A formiga é pequena e respira amodo e lento, mentres

que o león é forte e grande e necesita respirar máis forte e rápido. Aprender que a respiración adecuada é a da formiga. Traballo de respiración e relaxación.

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos.

Saúdos!


Alberto


44 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page