Bo día alumnado e familias!
En primeiro lugar quero mandarvos unha forte aperta a tod@s, agardando que esta situación se solucione canto antes e retomemos a nosa actividade habitual o máis pronto posible.
Por outra banda, comunicarvos que este será o novo espazo de Educación Física para o alumnado de Educación Primaria así como de Psicomotricidade para os nenos e nenas de Educación Infantil. Aquí subiranse diferentes propostas e actividades para o alumnado.
Tamén se cargarán nesta páxina as propostas para 4º de Educación Primaria en canto á área de Educación Emocional e á área de Valores Sociais e Cívicos.
Gustaríame recordarvos que todas son diferentes propostas entre as que podedes escoller (tendo en conta a limitación de espazos, de materiais, nº de persoas, ...). Recórdovos que as actividades serán voluntarias e non se poderán avaliar a nivel académico.
Para calquera dúbida ou suxestión podedes comunicarvos a través desta canle ou a través do enderezo electrónico albertovf@edu.xunta.gal .
Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo.
Alberto
Comments