A continuación, deíxolles novas propostas (OPTATIVA, como sabedes o venres día 1 sería festivo e ese é o día que vos tocaría segundo a configuración do horario adaptado).
Actividades para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
EDUCACIÓN EMOCIONAL 4º DE EP
1ª PROPOSTA
Esta actividade consiste en que fagades o voso propio “Bote da calma”. Aquí vos deixo un vídeo cos pasos a seguir para facelo así como os materiais que precisades. Seguro que nos axuda nestes días nos que en ocasións estamos un pouquiño máis tensos e nerviosos. Agardo que vos guste!
2ª PROPOSTA
Nesta segunda actividade, propóñovos un xogo que se chama “Os globos das emocións”. No caso do vídeo que vos deixo aquí, fano con 6 globos, pero vós podedes facelo tamén con menos.
O xogo consiste en inflar os globos e logo en cada un debuxar cun rotulador unha cara que representa unha emoción (por exemplo de alegría, de amor, de tristeza, …). Logo podedes xogar en parellas ou tamén individualmente. Por exemplo unha persoa escolle un globo e a outra ten que representar esa emoción que lle tocou. Logo cambiades e a persoa que escolleu pasa agora a representar. En algún momento do xogo, seguro que coas caras que poñedes botades unhas risas!jajajaj Espero que vos guste.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
留言