A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.
Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.
Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.
EDUCACIÓN EMOCIONAL 4º DE EP
PROPOSTA: ASÍ SON EU
Nesta proposta tedes que contestar a estas 10 breves cuestións que lle axudan a outra persoa a coñecervos e ao mesmo tempo, coa reflexión e as vosas respostas, axúdanvos a mellorar o voso propio coñecemento.
Aquí vos deixo esta serie de preguntas:
1. O sentimento ou emoción que mellor me define ou que máis uso na miña vida diaria é? ...
2. O meu xogo preferido é? ....
3. O meu amigo ou amiga prefirido é? ....
4. De maior gustaríame ser? ....
5. Dáseme ben? ....
6. O meu deporte preferido é? ....
7. A miña canción favorita é? ....
8. O que máis me gusta facer no meu tempo libre é? ....
9. O que máis me gusta de min é? ....
10. Algo que sen dúbida farei no verán será? ....
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments