top of page
Buscar
Alberto

Educación Emocional 4º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 4 ao 8 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.

EDUCACIÓN EMOCIONAL 4º DE EP


PROPOSTA 1

Esta actividade consiste en que fagades o voso propio “FOTODICIONARIO DAS EMOCIÓNS”. Tedes que sacar unha foto na que coa expresión da vosa cara transmitades o significado das seguintes emocións:

· AMOR:

· MEDO:

· ALEGRÍA:

· TRISTEZA:

· ASCO:

· IRA:

· ASOMBRO:

· EUFORIA:

· ABURRIMENTO:

· CONFUSIÓN:

PROPOSTA 2

A segunda proposta consiste en relacionar a música e as emocións. Seguro que escoitar unha canción ou outra fai que en ocasións cambiedes o voso estado de ánimo ou os vosos sentimentos. Gustaríame que busquedes 2 cancións. Unha delas, debe provocarvos alegría cando a escoitedes e a outra tristeza. Poden ser dende cancións instrumentais ata cancións con letra e de calquera estilo musical. A continuación debedes poñer os títulos das vosas cancións:

· Canción que ao escoitala provócame alegría:

· Canción que ao escoitala provócame tristeza:



Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

36 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page