top of page
Buscar
Alberto

Educación Emocional 4º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 20 ao 24 de abril

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s de 4º de Educación Emocional, tratando de ter en conta as especiais circunstancias para as familias durante este período no que moitas continúan traballando, non todas dispoñen de materiais informáticos e tecnolóxicos, non todas poden axudar aos seus fillos e fillas... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme as actividades, vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


EDUCACIÓN EMOCIONAL 4º DE EP

PROPOSTA 1

Esta actividade garda relación coas vacacións tan particulares que rematamos a semana pasada. Trátase de que expliquedes e relacionedes algún momento nas mesmas no que vivírades as seguintes emocións:


· Alegría:

· Tristeza:

· Amor:

· Medo:

· Ira:

· Vergonza:



PROPOSTA 2

2. Escribe a túa carta dirixida ao colectivo que ti desexes (nenos e nenas que coma vós están nas súas casas, persoas enfermas, persoas da terceira idade que viven soas ou en residencias, profesionais sanitarios, persoal de limpeza, de transportes, persoas que traballan na alimentación, ...).

Trataremos de que as vosas cartas lle cheguen a diferentes persoas deses ámbitos en momentos nos que un empuxón de esperanza e alegría nos poden axudar moito.

Non quero limitarvos ningún tema, xa que estou seguro que faredes grandes creacións.



Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos: albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

37 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page