top of page
Buscar
Alberto

Educación Emocional 4º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 18 ao 22 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.

EDUCACIÓN EMOCIONAL 4º DE EP


PROPOSTA 1 : CADRO DA FELICIDADE

Esta actividade consiste en que fagades un “CADRO DE PALABRAS FELICES” para un rincón da vosa habitación. Construirémolos cunha folla (poden ser folios de cores, pintalos vós, decoralos como vos gusten, usar pinturas diferentes,…). Temos que seguir os seguintes pasos:

· Buscamos as palabras que máis nos gustan e que nos fan sentir ben, que nos axudan a ser amables coas demais persoas, a demostrarlles o noso cariño ou coas que podemos resolver mellor os problemas.

· Logo facemos o cartel con esas palabras e decorámolas… como máis nos guste.

· Colocaremos o noso mural nun sitio da nosa habitación, para poder “ir buscar” esas palabras cando as necesitemos. En definitiva, para lembrarnos que esas palabras sempre nos serán útiles e que axudarán a ter un día máis feliz se as utilizamos.



PROPOSTA 2: MIQUEL MONTORO

Para esta segunda proposta deíxovos a un neno que “coñecedes” moi ben na clase de 4º, xa que moitas veces estades falando del. Agora é un famoso youtuber que goza de moita popularidade entre moitos nen@s, pero sabes que fai un tempo as cousas para nada eran así na súa vida?

Aquí vos deixo un extracto dun artigo sobre Miquel Montoro para que leades e fagades unha actividade.



Actividade: Imaxínate que te elixiron como a persoa responsable de deseñar un anuncio, un slogan, un vídeo, … para unha campaña contra o acoso escolar para todos os coles de Galicia. Cal é a túa proposta?


Como vedes, o importante é facer o que nos gusta e co que nos sentimos cómodos e non o que moita xente quere de nós. É imposible que todos teñamos os mesmos gustos, queiramos facer as mesmas cousas, ou soñemos con ter a mesma profesión cando sexamos maiores. Cada un de nós temos a nosa personalidade, os nosos gustos ou os nosos soños.

Aquí tedes un claro exemplo, Miquel, un neno diferente a todos eses que se burlaban del, pero que en ningún momento renunciou a ser el mesmo.

O mesmo debedes facer vós, non renunciar nunca a ser quen sodes.


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

49 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page