A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
EDUCACIÓN EMOCIONAL 4º DE EP
PROPOSTA 1 : Traballo da respiración e da relaxación
Esta actividade consiste en que fagades unha “Carreira de vagalumes”. Construirémolos cunha folla (poden ser de cores ou pintalos e decoralos nós como nos gusten). Logo, o nen@ moverá o “vagalume” soprando a través dunha palliña de cartón ou plástico. Traballo da respiración e da construción dos propios materiais de xogo.
A continuación deíxolles un vídeo no que se explica como construír os materiais:
Esta actividade garda relación, coa seguinte na que se propón unha actividade de relaxación guiada a través do seguinte vídeo:
PROPOSTA 2: Os 3 post-it
Para esta segunda proposta precisades 3 post-it de diferentes cores ou 3 anacos dun folio que podedes pintar de distintas cores. En cada un deles tedes que escribir unha cousa:
1. Un recordo que che produza alegría ou felicidade.
2. Unha cousa positiva do presente (deste período de confinamento).
3. Un desexo para o futuro.
Logo, podedes decorar os vosos post-it como vos guste. Animádevos a facer esta actividade.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments