A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
EDUCACIÓN EMOCIONAL 4º DE EP
PROPOSTA 1 : MANDALAS E RELAXACIÓN
Esta actividade consiste en que pintedes un mandala. A continuación, deíxovos algunhas propostas entre as que podedes escoller. En caso de que non poidades imprimilo nas vosas casas, seredes vós quen deseñedes e pintedes o voso propio mandala. As persoas que poidan imprimilo, se o prefiren, tamén poden realizar esta actividade de deseñar o seu propio mandala e non pintar un dos que vos propoño.
Esta actividade que combina o debuxo e a pintura é unha excelente técnica de relaxación, tanto para nen@s como para persoas adultas. Algúns dos beneficios que nos aportan ademais da relaxación, son unha mellora da atención e tamén unha actividade de descanso e evasión de outras que nos poidan producir un maior agotamento. Ademais, axudan a desenvolver un aspecto fundamental como é a creatividade.
Cando rematedes os vosos mandalas, xa sexan os vosos deseños ou os que vos propoño para tan só colorear, o único que tedes que facer é enviarme unha fotografía co resultado final. Seguro que faredes verdadeiras obras de arte!! Moito ánimo!!
Recordade que é unha actividade que podedes facer sempre que queirades nas vosas casas, mesmo con material reducido, tan só precisades dun folio, unha goma e un lapis, pinturas para colorear e sobre todo, o máis importante, A VOSA CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN.
Tedes que iniciar sesión en gmail para poder ver o documento PDF. De todos xeitos, déixovos as imaxes a continuación.
PROPOSTA 2: VASO DAS EMOCIÓNS
Para esta segunda proposta precisades de dous vasos de plástico transparentes e un rotulador (se é permanente evitades que se vos borre). No primeiro vaso tedes que pintar só a silueta dunha cara (sen nariz, boca, ...) – nese primeiro vaso se queredes tamén podedes pintar o voso corpo, tede en conta que por exemplo cos brazos reaccionamos de diferente xeito en función da emoción ou sentimento que queremos expresar -. No segundo vaso, tedes que ir pintando as diferentes emocións que queirades representar (é dicir, as expresións que irán dentro da silueta da cara do vaso 1 cada vez que xiremos o vaso 2). Podedes facer por exemplo a proposta das 5 emocións como no exemplo do vídeo (alegría, tristeza, medo, calma e a ira). O mellor é que vexades os vídeos que vos deixo a continuación con diferentes exemplo, veredes de forma rápida e clara en que consiste o xogo.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments