top of page
Buscar
Alberto

6º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 4 ao 8 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


1. Actívate!

Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.



2. Reto: Plank Challange

Propóñovos este reto viral de internet. Precísase de dúas persoas. O reto consiste en facer este divertido baile! Non é fácil e seguro que haberá que practicalo un pouquiño! Traballo dos desprazamentos, dos saltos, da coordinación óculo – manual e óculo – pé así como da confianza.

Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:

3. Reto: O baile da escaleira

Propóñovos este reto viral de internet para todos os nen@s de 6º. Os nen@s poden gravarse subindo unhas escaleiras. Podedes empezar por un nº pequeno, para practicar e ir aumentándoo a medida que vos saia. O reto consiste en subir unhas escaleiras facendo este divertido baile!

E algo moi importante, con coidado! Traballo dos desprazamentos, saltos e da coordinación.

Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:

4. Reto “Encesta o papel”

Esta proposta consiste en tombarse boca arriba, posición supino. Á altura dos pés,, teremos 3 rollos de papel hixiénico. O reto consiste en coller os rollos de un en un cos pés, transportalos e metelos dentro dun cubo ou cesta que teremos colocado por arriba de onde temos apoiada a cabeza. Podedes usar outros materiais coma peluches e collelos cos pés dende o chan sen facer a torre de papel. Ánimo!! Estou seguro que o superaredes! Traballo dos xiros, da coordinación óculo – pé e da confianza.

5. Reto: Torre con pés!

Os nen@s Terán 4 rollos de papel hixiénico colocados uns encima dos outros. A continuación, séntanse e cos pés deben coller un rollo de papel e colocalo ao lado para levantar unha nova torre cos rollos de papel hixiénico pero esta vez empregando só os pés. Conseguirédelo? Traballo dos xiros, da coordinación óculo – pé e do control corporal.

Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, Andrés, para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.

6. Bailamos...nova coreo!

Os nen@s bailaran libremente esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.

Aquí o enlace dun novo vídeo dunha coreografía! Son só algunhas ideas, vós podedes facer os vosos propios pasos. Animádevos!

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

13 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page