top of page
Buscar
Alberto

6º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 18 ao 22 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


1. Actívate!

Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Sodes capaces de resistir? Ánimo!!!! Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.

2. Reto: Cupid Suffle Plank Challenge

Propóñovos este reto moi similar a un que fixemos semanas atrás. Nesta ocasión podedes facelo unha soa persoa, dúas, tres ou incluso toda a familia se vos animades! O reto consiste en facer os pasos do seguinte vídeo seguindo o ritmo da música de xeito coordinado. Vendo os retos que tedes superados, estou seguro que este tamén o pasaredes con nota!!jejej Adiante!! Traballo da coordinación, do equilibrio, da lateralidade, ritmo e autocontrol.

Aquí o enlace dun vídeo para que vexades cales son os distintos pasos:

3. Reto Vasoira Broom Challenge

Reto individual no que precisades do pau dunha vasoira. Neste caso tedes que dar a volta ao redor do voso corpo co pau da vasoira sen soltalo en ningún momento das dúas mans. Este é un reto algo complicado… Conseguiredes supéralo? Traballo do equilibrio, da coordinación, dos xiros e da flexibilidade.

Aquí vos deixo o enlace cun vídeo para que vexades como é o reto a modo de exemplo e a continuación outro, cos pasos máis detallados:


4. Reto: Dalle a volta á tortilla!

Neste reto precisades dun coxín e un rollo de papel hixiénico.

No primeiro nivel do reto só tedes que usar o coxín. Colocádelo no chan e poñédesvos de pés sobre el. Agora, tedes que darlle a volta, sen pisar fóra del e sen tocar cos pés sobre a superficie do chan nin apoiarse sobre ningún obxecto. Conseguirédelo?

O segundo nivel do reto, é facer o mesmo, pero agora cun rollo de papel hixiénico na cabeza. O obxectivo é darlle a volta ao coxín sen que caia o rollo ao chan e sen pisar cós pés fóra do coxín nin apoiarse sobre nada. Este é un pouquiño máis difícil… Ánimo!!! Traballo do equilibrio, da coordinación e do equilibrio con obxectos.

Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, o profe David, para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.

5. Reto: Emoji Challenge

Vamos poñer a proba a vosa coordinación! Propóñovos este reto viral de internet. O reto consiste facer coas vosas mans os emojis que se indican na pantalla. A continuación dous vídeos. Un cos emojis que vos indican os xestos que tedes que facer coa vosa man e o outro cun exemplo dunha persoa que o fai. Superades o reto?jejej Traballo da coordinación óculo – manual, do autocontrol e da confianza.

Aquí o enlace dos dous vídeos para que vexades en que consiste:


6. Reto: Propón o teu reto!!

Unha nova dimensión dos retos. Propón o teu reto!!! Esta actividade consiste en que propoñades un reto coma os que fixemos ao longo destas semanas, pero neste caso a proposta é vosa, polo que tedes total liberdade para deseñar e enviar o voso reto. Estou seguro que sairán retos increíbles!!!



Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

30 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page