top of page
Buscar
Alberto

6º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 1 ao 5 de xuño.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


1. Reto: Xiro challenge

Para o seguinte reto precisades dun rollo de papel hixiénico. Neste caso, tedes que colocálo enriba das costas, e sen usar as mans, tedes que intentar que faga un xiro de 180º e que quede de novo apoiado sobre as vosas costas sen que caia ao chan. Un dos retos máis difíciles… Seredes capaces de logralo?jejej Moito ánimo!!! Traballo dos xiros, do equilibrio da coordinación, da habilidade e do autocontrol.

Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dunha compañeira de EF, Silvia:

2. Reto: Carreira de toallas

Propóñovos este reto para o que necesitades unha toalla. Tedes que sentarvos enriba da toalla e intentar desprazarvos sen usar as mans dende un punto de saída ata unha meta. Podedes facer a carreira contra outra persoa ou contra vos mesm@s cronometrando o tempo e tratando de facelo máis rápido no seguinte intento.

Podedes facer a carreira ao mellor dun intento, de dous, de tres,… como vós pactedes. Moito ánimo!! Traballo dos desprazamentos e da coordinación.

Aquí o enlace duns vídeos para que vexades rápidamente en que consiste, no segundo tedes un exemplo dunha carreira:



3. Reto: Torre horizontal

O seguinte reto consiste en facer unha torre con rollos de papel hixiénico pero neste caso, en horizontal, apoiándonos sobre a parede e sen que vos caia. Seredes capaces de aguantar?jejej Cal é o maior número de rollos co que o conseguides? Veña ese equilibrio!!jeje Traballo de equilibrio dinámico con obxectos, habilidade, coodinación, axilidade e autoconfianza.

Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, David:

4. Reto: Leg challenge

Propóñovos este reto viral no que non precisades de material. Nel, consiste en que vaiades poñendo unha das vosas pernas, en diferentes alturas como fan no vídeo que vos deixo a modo de exemplo a continuación. Coma se fósedes a agulla dun reloxo tedes que ir situando a vosa perna a diferentes alturas. Que tal andades de flexibilidade?jejeje Ánimo!!! Traballo da flexibilidade, do equilibrio e do autocontrol.

Deíxovos un vídeo para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.

5. Reto: Quítate as zapas e os calcetíns!!

A continuación propóñovos un dos retos máis complicados ata o de agora. Consiste en que mentres facedes o pino, tedes que quitar as zapatillas e os calcetíns dos vosos pés e obviamente, sen usar as mans! Difícil! Seredes quen de conseguilo? Moito ánimo!!

E algo IMPORTANTÍSIMO… sempre con medidas de seguridade como a axuda dunha persoa adulta ou situar por debaixo vosa algún coxín para evitar que vos manquedes.

Traballo do equilibrio, da coordinación óculo – pé, da habilidade e do autocontrol e confianza.

Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, a profe Silvia:

6. Reto: Folios de ritmos

Vamos poñer a proba a vosa coordinación e o voso ritmo! Propóñovos este reto que consiste en facer coas vosas mans e en parellas o ritmo coma o que tedes no vídeo. Podedes tamén proponer o voso propio ritmo.

Unha persoa da parella fai o ritmo inicial, e logo a outra vai repetindo todos os seus movementos. Cando rematedes, podedes cambiar os papeis.

Animádevos e facede o voso propio reto c ovoso ritmo!! Traballo da coordinación óculo – manual, do ritmo, do autocontrol e da confianza.

Aquí o enlace do vídeo para que vexades en que consiste:

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto


29 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page