A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Reto: O Triatlón da casa
Propóñovos este reto viral de internet para todos os nen@s do cole. Os nen@s poden gravarse facendo o seu propio triatón dentro da casa. As probas serán simular que están nada, andar ou simular o ir en bici e por último a carreira a pé ou a súa simulación. Agardo que saquedes toda a vosa creatividade e imaxinación!!! Traballo dos desprazamentos e da coordinación.
Aquí o enlace dun vídeo no que se simula esta especie de triatlón:
2. Actívate!
Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.
3. Bailamos...nova coreo!
Os nen@s bailaran libremente esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
Aquí o enlace dun novo vídeo dunha coreografía! Son só algunhas ideas, vós podedes facer os vosos propios pasos. Quero vervos bailando!! Animádevos! Estas son só algunhas ideas, sei que vós sodes capaces de crear os vosos propios pasos!! Incluso podedes gravarvos e logo ver o resultado! Será espectacular!
4. Reto Xiro con zapatilla
Reto individual viral de algunas redes sociais. Precísase dunha zapatalli con suela plana. Consiste en tombarse boca abaixo poñendo a zapatilla sobre a planta do outro pé. O obxectivo é darse a volta completamente, ata a posición que tiñamos ao inicio, sen que a zapatilla caia ao chan. Avísovos que non é nada fácil!!!jajaj Moito ánimo!!!Traballo de coordinación, equilibrio e expresión corporal.
Aquí vos deixo o enlace dun vídeo dunha compañeira de EF, Silvia, cos pasos:
5. Reto Levántate!
Reto individual no que precisades dun rollo de papel higiénico. Dedes tombarvos boca arriba (posición supina) cos xeonllos flexionados. Colocades o rollo de papel encima da fronte e sen tocarlle coas mans, tedes que intentar levantarvos sen que o rollo caia ao chan. Agardo que vos guste o reto!! Ánimo!! Aquí vos deixo o enlace cun vídeo dun compañeiro de EF, Pablo Arteta, a modo de exemplo:
6. Xogo “Simón di…”
Nesta actividade precísase dunha persoa adulta. Unha persoa fai de director/a. O seu obxectivo é confundir á outra persoa.
É dicir, por exemplo a persoa adulta comeza como directora e o nen@ ten que facer o que esta lle diga. A persoa dulta ten que “Simón di…” e logo a orde. Por exemplo “Simón di sentámonos”. E o nen@ ten que sentarse. A persoa adulta agora di “Simín di leantámonos” e o nen@ ten que levantarse. OLLO que se a persoa adulta NON DI “Simón di…” e tan só di CORREMOS e nen@ corre. Confundiríase. Cada vez que un se equivoque cambian de rol e agora o nen@ pasa a ser director. Gañará a persoa que menos se equivoque en 10 minutos. Traballo da coordinación, dos desprazamentos, do autocontrol e da confianza. Proposta dun compañeiro e referente da EF como “Kisco”, agardo que vos guste o xogo.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments