A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Actívate!
Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.
2. Reto: Plank Challange
Propóñovos este reto viral de internet. Precísase de dúas persoas. O reto consiste en facer este divertido baile! Non é fácil e seguro que haberá que practicalo un pouquiño! Traballo dos desprazamentos, dos saltos, da coordinación óculo – manual e óculo – pé así como da confianza.
Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:
3. Reto: O baile da escaleira
Propóñovos este reto viral de internet para todos os nen@s de 5º. Os nen@s poden gravarse subindo unhas escaleiras. Podedes empezar por un nº pequeno, para practicar e ir aumentándoo a medida que vos saia. O reto consiste en subir unhas escaleiras facendo este divertido baile!
E algo moi importante, con coidado! Traballo dos desprazamentos, saltos e da coordinación.
Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:
4. Reto “Encesta o papel”
Esta proposta consiste en tombarse boca arriba, posición supino. Á altura dos pés,, teremos 3 rollos de papel hixiénico. O reto consiste en coller os rollos de un en un cos pés, transportalos e metelos dentro dun cubo ou cesta que teremos colocado por arriba de onde temos apoiada a cabeza. Podedes usar outros materiais coma peluches e collelos cos pés dende o chan sen facer a torre de papel. Ánimo!! Estou seguro que o superaredes! Traballo dos xiros, da coordinación óculo – pé e da confianza.
5. Reto: Torre con pés!
Os nen@s Terán 4 rollos de papel hixiénico colocados uns encima dos outros. A continuación, séntanse e cos pés deben coller un rollo de papel e colocalo ao lado para levantar unha nova torre cos rollos de papel hixiénico pero esta vez empregando só os pés. Conseguirédelo? Traballo dos xiros, da coordinación óculo – pé e do control corporal.
Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, Andrés, para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.
6. Bailamos...nova coreo!
Os nen@s bailaran libremente esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
Aquí o enlace dun novo vídeo dunha coreografía! Son só algunhas ideas, vós podedes facer os vosos propios pasos. Animádevos!
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments