top of page
Buscar
Alberto

5º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 25 ao 29 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


1. Reto: A catapulta con coxín

O seguinte reto consiste en meter dúas boliñas de papel dentro dun cubo. Neste caso para impulsalas coma se fose unha catapulta, empregaremos un coxín. Non podemos lanzalas directamente coas mans para mételas. Traballo de precisión e autoconfianza.

Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, David:

2. Reto: Antes de que caia!

Propóñovos este reto para o que necesitades un rollo de papel hixiénico. Tedes que levantar as mans en alto mentres aguantades do rollo, logo deixalo caer por detrás das costas (sen que toque nestas), e antes de que caia ao chan debedes flexionar os xeonllos e coller o rollo metendo as mans polo medio das dúas pernas. Non é facil!!jejej Vamos e moito ánimo!! Traballo da coordinación óculo – manual, da flexibilidade e do autocontrol.

Aquí o enlace dun vídeo para que vexades rápidamente en que consiste:

3. Reto: Somos de goma

Reto individual no que se necesita axuda dunha persoa adulta. Neste caso consiste en que o nen@ a través do seu corpo e coa axuda de outros obxectos que teñades nos vosos fogares ou mesmo de outra persoa, faga as letras do seu nome unha por unha. O reto consiste en sacar diferentes fotos a cada “letra” e logo ver como queda o nome do nen@ feito co seu corpo e a axuda de algún obxecto ou persoa. Animádevos con este divertido reto!! Traballo da expresión corporal, da coordinación, dos xiros, entre outros.

A continuación deíxovos un vídeo a modo de exemplo:

4. Reto: Transporte de bolígrafos!

Neste reto precisades de 3 bolígrados ou rotuladores. Tamén necesitades 12 vasos/tazas ou mesmo rollos de papel hixiénico ou calquera outro obxecto que vexades que poden suplir estes materiais. A continuación, tedes que intentar transportar os bolígrafos co pé sen que vos caian e deixalos enriba das outras dúas tazas ou vasos. Un reto realmente complicado, conseguirédelo? Estou seguro que si!! Ánimo!!! Traballo da coordinación óculo – manual e do equilibrio.

Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, o profe David, para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.

5. Reto: Torre de Pisa

O seguinte reto consiste en facer unha torre con rollos de papel hixiénico en vertical sen que vos caia. Seredes capaces de aguantar?jejej Cal é o maior número de rollos co que o conseguides? Veña ese equilibrio!!jeje Traballo de equilibrio dinámico con obxectos, coodinación, axilidade e autoconfianza.

Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, David:

6. Reto: Actividade física ao aire libre!!

Unha nova dimensión dos retos. Neste caso, consiste en que salgades coa vosa familia dentro do horario no que está permitido e fagades calquera actividade física. Envía a túa foto ou vídeo calquera deporte ou actividade física fóra da túa casa… como por exemplo pasear, patinar, montar en bici, saltar, ou calquera deporte ou actividade que fagades.

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto


25 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page