top of page
Buscar
Alberto

5º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 20 ao 24 de abril

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s de 5º, tratando de ter en conta as limitacións espaciais das vivendas, as posibles limitacións de materiais para a práctica así como de persoas á hora de facer as propostas.

Procurando tamén ter en conta as especiais circunstancias para as familias durante este período no que moitas continúan traballando, non todas dispoñen de materiais informáticos e tecnolóxicos, non todas poden axudar aos seus fillos e fillas... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

1. Actívate!

Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.

2.Reto viral toques con papel hixiénico

Aquí vos deixo esta proposta tan de moda entre @s deportistas, o dar un nº de toques cos pés cun rolo de papel hixiénico. Animádevos!! Cal é o nº máximo que conseguístedes? E coidado coa casa, non vos carguedes media casa no intento!jajaj Ánimo!

Traballo da coordinación óculo – pé, equilibrio e autocontrol.

Aquí vos deixo o vídeo dun compañeiro profe de EF, David Vera, para que vexades o exemplo:

3.Reto baile Oh na na na challenge

Reto en parella para o que se precisa de outra persoa. Tratar de realizar este baile viral da canción “Oh na na na” cun divertido baile no que a coordinación cos nosos pés é fundamental. Estou seguro que o conseguiredes! Ánimo! Traballo de coordinación, confianza, deshibición e expresión corporal.

Aquí vos deixo o enlace dun vídeo cos pasos:

4. O reto A torre de papel hixiénico

Aquí vos deixo o enlace dun vídeo coa idea dun compañeiro de EF no que se propón un reto moi divertido. Con 10 rolos de papel hixiénico o nen@ ten que intentar colocalos formando unha torre tendo sempre apoiada unha man sobre o chan. Moi divertido! Traballo de coordinación óculo – manual e equilibrio.

5. Bailamos...nova coreo!

Os nen@s bailaran libremente esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.

Aquí o enlace dun novo vídeo dunha coreografía! Son só algunhas ideas, vós podedes facer os vosos propios pasos. Quero vervos bailando!! Animádevos! Estas son só algunhas ideas, sei que vós sodes capaces de crear os vosos propios pasos!! Incluso podedes gravarvos e logo ver o resultado! Será espectacular!



6. Pares ou nones

Nesta actividade precísase dunha persoa adulta. O xogo consiste no tradicional pares ou nones sacando as dúas persoas a man á vez e cos nº de dedos que queira. Logo sumamos o nº de dedos que sacaron as dúas persoas e dependendo do resultado, gañará a persoa que escolleu pares ou nones. Por exemplo: Se eu elixo pares, e saco 3 dedos da miña man e a outra persoa 4. A suma de todos eles é 7, un nº impar. Polo que a persoa que xoga contra min, conseguiría 1 punto.

Podedes establecer que gañe a persoa que antes consiga 5 puntos. Traballo da relaxación, do autocontrol e da confianza.


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto


9 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page