A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Actívate!
Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos
2. Reto: Cambio de cadeira
Propóñovos este reto. Precísase de dúas cadeiras. O reto consiste en cambiar dunha cadeira a outra sen empregar as mans nin tocar cos pés no chan. Se facedes iso, debedes comezar de novo o reto. Non é fácil e seguro que haberá que practicalo un pouquiño! Traballo da coordinación, do autocontrol así como da confianza.
Aquí o enlace dun vídeo dunha compañeira de EF, a profe Sara, cun exemplo para que vexades en que consiste:
3. Reto: Flex Challange
Vamos poner a proba a vosa flexibilidade! Propóñovos este reto viral de internet. O reto consiste en tombarse no chan boca abaixo e intentar levantarse sen usar as mans! É bastante complicado!jejej Sodes capaces de conseguilo? Moito ánimo!! Traballo dos xiros, do control postural, da coordinación, a flexibilidade e da confianza.
Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:
4. Reto Atrapa o folio coa boca
Reto individual no que precisades dun folio e un rollo de papel hixiénico. Colocamos o rollo no chan, doblamos a folla pola metade en vertical e colocarémolo sobre o rollo de papel hixiénico. Intentaremos collelo coa boca pero apoiando só un pé, é dicir, á pata coxa. Moito ánimo con este reto!!
Se o conseguides e queredes intentar o paso máis complicado, sería poñendo o folio sobre o chan, sen o rollo de papel. Traballo do equilibrio, da coordinación e do control postural.
Aquí vos deixo o enlace cun vídeo dunha compañeira de EF, a profe Laura, para que vexades como é o reto a modo de exemplo:
5. Reto: Tira coa torre!
Neste reto precisades de 4 rollos de papel hixiénico colocados uns encima dos outros. A continuación, tedes que intentar derribar a torre sacando o rollo de papel que está tocando o chan e sen que vos caia o resto da torre. Sodes capaces de logralo? Ánimo!!! Traballo da coordinación óculo – manual e do equilibrio.
Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, o profe David, para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.
6. Reto: Equilibrio coa vasoira
Nesto reto individual precisades dunha vasoira. En primeiro lugar intentaremos facer un equilibrio da vasoira coa man. A continuación deíxovos un vídeo dun compañeiro de EF a modo de exemplo:
Agora, imos intentar algo un pouco máis complicado, un equilibro pero neste caso co pé. Aquí vos deixo un vídeo a modo de exemplo:
Traballo do equilibrio, da coordinación, do desprazamento con obxectos e da confianza.
Ánimo!! Que os primeiros intentos son complicados!jejej
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments