A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.
Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.
Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.
4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Reto: A “guerra” da auga!!
Aquí vos deixo un divertido e refrescante reto!! Coa axuda das vosas familias, debedes encher varios globos con auga e logo facer a vosa particular “guerra” de auga! Veremos quen acaba máis mollado! Animádevos, é un reto moi divertido!jajaj
Como variante tamén vos deixo facer esa “guerra” de globos con unha raqueta ou pala. Neste caso unha persoa lanza dende unha distancia determinanda un globo contra a outra persoa. Esta última, coa axuda da pala, ten que tratar de golpear o globo de auga para desvialo e estoupalo sen que impacte contra el/ela e o molle por completo. Agardo que vos guste!
Traballo dos desprazamentos, dos lanzamentos e recepcións, da precisión e da coordinación xeral.
2. Reto: Curling Challenge
Para o seguinte reto precisades de tres rollos de papel hixiénico. Neste caso, tedes que tratar de deixalo o máis próximo posible ao outro extremo da mesa, sen que caia ao chan, lanzando os rollos de papel coma no vídeo que vos deixo de exemplo. Traballo dos lanzamentos, do autocontrol, da precisión e da coordinación óculo – manual.
Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, o profe David, para que vexades en que consiste o reto:
3. Reto: Palmas challenge
Vamos poñer a proba unha vez máis, a vosa coordinación e o voso ritmo! Propóñovos este reto para o que presidades da axuda de outra persoa.
O reto consiste en que fagades o ritmo proposto no vídeo. Conseguirédelo? Estou seguro de que a resposta será que si! Moito ánimo!!!
Animádevos e facede o voso propio reto c ovoso ritmo!! Traballo da coordinación xeral, da coordinación óculo – manual, do ritmo, do autocontrol e da confianza.
Aquí o enlace do vídeo, do compañeiro de EF David Vera, para que vexades en que consiste e os pasos do reto:
4. Reto: Quítate a sudadera!!
A continuación propóñovos o reto dos retos! Seguramente o máis complicado ata o de agora. Consiste en que mentres facedes o pino, tedes que quitar a chaqueta ou sudadera sen caer! É moi difícil! Seredes quen de conseguilo? Moito ánimo!!
E algo IMPORTANTÍSIMO… sempre con medidas de seguridade como a axuda dunha persoa adulta ou situar por debaixo vosa algún coxín para evitar que vos manquedes.
Traballo do equilibrio, da coordinación óculo – pé, da habilidade e do autocontrol e confianza.
Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, a profe Silvia:
5. Reto: Cómete o chocoolate
Propóñovos este reto para rematar e recuperar forzas. Tedes que colocar unha onza de chocolate como vedes no vídeo e tratar de cómela sen usar as mans! Seguro que o conseguides!
A continuación deíxovos o vídeo dunha compañeira de EF, a profe Silvia, para que vexades en que consiste o reto:
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments