A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Actívate!
Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.
2. Reto “Encesta o papel”
Esta proposta consiste en tombarse boca arriba, posición supino. Á altura dos pés,, teremos 3 rollos de papel hixiénico. O reto consiste en coller os rollos de un en un cos pés, transportalos e metelos dentro dun cubo ou cesta que teremos colocado por arriba de onde temos apoiada a cabeza. Podedes usar outros materiais coma peluches e collelos cos pés dende o chan sen facer a torre de papel. Ánimo!! Estou seguro que o superaredes! Traballo dos xiros, da coordinación óculo – pé e da confianza.
3. Reto Xiro con zapatilla
Reto individual viral de algunas redes sociais. Precísase dunha zapatalli con suela plana. Consiste en tombarse boca abaixo poñendo a zapatilla sobre a planta do outro pé. O obxectivo é darse a volta completamente, ata a posición que tiñamos ao inicio, sen que a zapatilla caia ao chan. Avísovos que non é nada fácil!!!jajaj Moito ánimo!!!Traballo de coordinación, equilibrio e expresión corporal.
Aquí vos deixo o enlace dun vídeo dunha compañeira de EF, Silvia, cos pasos:
4. Reto: Plank Challange
Propóñovos este reto viral de internet. Precísase de dúas persoas. O reto consiste en facer este divertido baile! Non é fácil e seguro que haberá que practicalo un pouquiño! Traballo dos desprazamentos, dos saltos, da coordinación óculo – manual e óculo – pé así como da confianza.
Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:
5. Reto: Torre con pés!
Os nen@s Terán 4 rollos de papel hixiénico colocados uns encima dos outros. A continuación, séntanse e cos pés deben coller un rollo de papel e colocalo ao lado para levantar unha nova torre cos rollos de papel hixiénico pero esta vez empregando só os pés. Conseguirédelo? Traballo dos xiros, da coordinación óculo – pé e do control corporal.
Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, Andrés, para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.
6. Reto Levántate!
Reto individual no que precisades dun rollo de papel higiénico. Dedes tombarvos boca arriba (posición supina) cos xeonllos flexionados. Colocades o rollo de papel encima da fronte e sen tocarlle coas mans, tedes que intentar levantarvos sen que o rollo caia ao chan. Agardo que vos guste o reto!! Ánimo!! Aquí vos deixo o enlace cun vídeo dun compañeiro de EF, Pablo Arteta, a modo de exemplo:
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments